TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

domingo, 17 de noviembre de 2024

LUNA LUNERA

    Esta semana fixemos un mural para decorar a nosa clase. Contamos o conto de " Papá,  por favor, consígueme la luna " de Eric Carle que narra a historia de Mónica, unha nena que pide ao seu papá que lle baixe a lúa para xogar con ela.


Con témpera e pinceis pintamos o mural que quedou así de bonito:



















 

domingo, 10 de noviembre de 2024

viernes, 1 de noviembre de 2024

A FESTA DE SAMAÍN

    O mércores 30 celebramos a festa de Samaín. Este ano o tema elexido para o disfrace foi a familia Addams. Así de guap@s viñemos ao cole:









Este día de festa disfrutamos cos amig@s dunhas merendas terroríficas que estaban moi, moi ricas!!! 







   E para rematar esta xornada festiva os nen@s de sexto de Primaria viñeron a nosa clase a contarnos contos dentro da actividade de apadriñamentos lectores: "Lecturas ás escuras" MOITAS GRAZAS!!!


  






DECORACIÓN DE SAMAÍN

   Con caixas de cartón decoramos, coa axuda dos papás, lápidas arrepiantes para homenaxear aos inventores da historia e deste xeito ambientar os corredores de Infantil e Primaria.







domingo, 27 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

    O 24 de novembro celebramos no cole o día das Bibliotecas. Nesta xornada tan especial visitamos o tunel dos Descubrimentos para coñecer coa profe Elvira os inventos máis importantes da Prehistoria, Idade Media, Idade Antiga e Idade Moderna.



   Tamén celebramos o aniversario de Libeteca que xa ten 3 anos cantándolle " Cumpreanos feliz" e por último visitamos a biblioteca do cole onde non só podemos ver contos senón tamén pintar e xogar. Encantounos!!!