Tres cursos xunt@s. Tres cursos maravillosos ainda que con momentos complicados e cunha pandemia polo medio. Con moitos cambios nas nosas rutinas e hábitos, na maneira de organizar a clase, de relacionarnos, ... pero coa ilusión de sempre e o mesmo desexo de aprender e divertirnos xunt@s. Con moitos momentos bos pero tamén con algúns malos ( o confinamento, o tempo de non poder ir ao cole e estar cos amig@s... ) Momentos que forman parte da vida mesma e que son unha aprendizaxe máis: a aprendizaxe de saber adaptarse ás circunstancias e de superar as dificultades. Ana, Area, Daniela, Ángela, Martín, Zeltia, Luca, Yago, Noa, Martiño, Clara, Mateo sodes uns CAMPEÓNS !!! GRAZAS por permitirme acompañarvos nesta viaxe e grazas polas vosas risas, sorrisos, experiencias, e aprendizaxes... porque eu aprendo todos os días de vós. Disfrutade moito do verán e destas merecidas vacacións.
Moitos bicos sen virus e abrazos de oso para tod@s !!! QUÉROVOS MOITO !!!
A vosa profe María José