Maricastaña |
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 25 de noviembre de 2018
TEMPO DE OUTONO
Tempo de outono, tempo de choiva, de frío, de castañas, de magosto ... Esta semana ambientamos a porta da clase que decoramos entre todos e que quedou así de bonita:
23 DE NOVEMBRO "DÍA DA NON VIOLENCIA"
No cole celebramos esta data tan importante coa elaboración dun mural onde participaron os nenos/as de Infantil e Primaria.
Todos pintamos ou decoramos as nosas mans para manifestar que estamos en contra de todo tipo de violencia.
Pola tarde no pavillón de Infantil a AMPA do cole realizou unha actividade moi chuli con tatoos pola igualdade de xénero:
Todos pintamos ou decoramos as nosas mans para manifestar que estamos en contra de todo tipo de violencia.
As nosas mans |
Pola tarde no pavillón de Infantil a AMPA do cole realizou unha actividade moi chuli con tatoos pola igualdade de xénero:
sábado, 17 de noviembre de 2018
O MAGOSTO
O venres 16 celebramos a festa do Magosto onde degustamos as ricas castañas asadas.
Na clase tivemos a axuda das profes María e Marta e dos nenos/as de 5º de primaria da profe Cris. Moitas grazas a todos!!!
Tamén fixemos unha manualidade para celebrar este día, a nosa particular castaña que pintamos con témpera e pinceis e que nos quedou así de bonita:
Na clase tivemos a axuda das profes María e Marta e dos nenos/as de 5º de primaria da profe Cris. Moitas grazas a todos!!!
jueves, 1 de noviembre de 2018
CELEBRAMOS SAMAÍN
Para conmemorar Samaín os nenos/as decoraron na casa, coa axuda dos seus papás, unha cabaza empregando todo tipo de técnicas e materiais:
Con todas as cabaciñas ambientamos o noso pavillón de Infantil que quedou así de bonito.
Grazas papás !!!
Na pizarra díxital vimos o conto "Corre, corre, cabaciña" cos amigos da clase de Reme:
E na clase de Inglés fixemos unha manualidade entre todos:
Tamén na casa decoramos unha cabaza pero nesta ocasión de verdade. Na asamblea
ensinamos as cabaciñas aos amigos e contamos como as fixemos e que materiais empregamos:
O último día, mércores 31 viñemos caracterizados de personaxes de medo e con disfraces típicos de Samaín. Que guapos !!!
E deste xeito celebramos no cole unha das festas máis terroríficas do ano:
Ambientación do cole de primaria |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)