Este ano o día das Letras Galegas está adicado á escritora e poeta Xela Arias. En Infantil eleximos unha palabra en galego que, neste tempo en que vivimos, ten un significado especial: "APERTA". Cada clase decorou unha letra para, entre tod@s, construír esta palabra tan fermosa:
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 16 de mayo de 2021
A "FAMILIA" DO COLE
No cole pasamos moitas horas xuntos. Compartimos momentos, experiencias, risas, sorrisos e tamén algún que outro choro. Divertímonos, aprendemos xogando e ás veces tamén nos enfadamos. Pero tamén sabemos pedir perdón, axudarnos cando o necesitamos e solucionar os conflictos que xorden no día a día. En definitiva, somos unha gran familia e o máis importante, querémonos moito !!! Somos A GRAN FAMILIA do cole:
viernes, 14 de mayo de 2021
15 DE MAIO: " DÍA DA FAMILIA "
O 15 de maio celébrase o día da familia. É unha xornada moi especial que nós tamén quixemos conmemorar no cole preparando, con moito cariño, un agasallo para as persoas que máis queremos e que máis nos queren. FELIZ DÍA FAMILIAS !!
miércoles, 12 de mayo de 2021
A VISITA VIRTUAL DE LAURA
Como non se pode facer de xeito presencial, hoxe tivemos a "visita virtual" da irmá de Yago. Tiñamos moitas ganas de coñecer a Laura! Na clase puidemos ver un vídeo moi divertido de Yago, Laura e Aldara, a súa curmá. Yago tamén nos contou moitas cousiñas de Laura: a súa comida favorita, a que lle gusta xogar, cantos anos ten ...
domingo, 9 de mayo de 2021
O NIÑO DE MARTIÑO
Martiño trouxo un niño para ensinar aos seus compañeir@s. Un niño que estaba nunha árbore e que atopou cando camiñaba cos seus avós. Na clase aproveitamos para ver un vídeo sobre o cuco, un páxaro que chega a finais de marzo ou principios de abril, anunciando a primavera co seu característico canto. Grazas Martiño !!!
domingo, 2 de mayo de 2021
DE CORES
En Infantil decoramos o noso pavillón entre tod@s con flores, xoaniñas e bolboretas para poñer cor a estación da primavera: