O Nadal é un momento máxico para vivir e disfrutar en familia. Os meus mellores desexos nestas datas tan especiais e un feliz 2023 para tod@s! Biquiños!
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
lunes, 26 de diciembre de 2022
FIN DE ANO NO " LAVERDE "
O xoves 22 vivimos no cole unha xornada moi especial. A primeira hora da mañá disfrutamos dunha sesión de cine na biblioteca, onde tivemos a oportunidade de ver a película " Dragones al rescate "
Despois no hall de primaria tomamos as 12 "gusiuvas " da sorte para dar a benvida ao 2023:
E para rematar a xornada bailamos no patio cuberto ao son da música do dj pero antes quixemos sacar unha foto co Papá Noel xigante do pavillón de Infantil. Así de guap@s e elegantes viñemos o último día de cole:
miércoles, 21 de diciembre de 2022
PAPÁ NOEL NO COLE
Na clase preparamos con moita ilusión a carta para Papá Noel que veu a visitarnos hoxe ao noso cole. Pediunos que lle deixaramos un vasiño de leite cando fose ás nosas casas a deixar os agasallos. Grazas Papá Noel pola túa visita porque sabemos que estes días estás moi ocupado e con moito traballo. Gustounos moito verte!
viernes, 16 de diciembre de 2022
TALLERES CON 2º DE PRIMARIA
viernes, 2 de diciembre de 2022
LECTURAS COMPARTIDAS
Na clase disfrutamos do momento do conto pero tamén nos gusta compartir historias e aventuras cos nos@s amig@s. Sen dúbida un conto compartido é un conto moito máis divertido: