Os nenos/as de catro anos e a profe queremos desexar a todo o mundo unhas Felices Festas e un Feliz 2017. BO NADAL !!!
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
lunes, 26 de diciembre de 2016
FELICITACIÓN DE HUGO
O último día de cole recibimos unha felicitación moi especial. Hugo, o noso amigo que agora vive en Madrid, enviounos unha tarxeta moi bonita para felicitarnos o nadal. Na clase Hugo segue estando moi presente e nós tamén lle queremos desexar unhas felices festas. Esperamos que esté moi feliz coa súa profe e os seus novos amigos e que poidamos vernos pronto. Aquí sempre serás benvido. Moitos bicos Hugo !!!
TALLERES DE NADAL
O mércores 21 disfrutamos dunha xornada moi especial. A primeira hora fixemos os talleres cos compañeiros/as das outras clases de Infantil. Tamén decoramos as árbores de Nadal e bailamos no patio cos papás a panxoliña: " Na casa da miña avoa". E para rematar fixemos unha festa para despedirnos dos amigos ata o ano que ven.
domingo, 18 de diciembre de 2016
A CARPETA DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Xa estamos a punto de rematar este primeiro trimestre e por iso adicamos as últimas semanas a preparar os nosos traballos. Tamén fixemos e decoramos a carpeta para gardar os proxectos e as cousiñas que fixemos dende principios de curso.
CARPETA:
Técnica: pintura, estampación, recortado, pegado
Materiais: témperas, rodillos, corchos, papel de xornais, tixoiras
CARPETA:
Técnica: pintura, estampación, recortado, pegado
Materiais: témperas, rodillos, corchos, papel de xornais, tixoiras
jueves, 8 de diciembre de 2016
TALLERES DE INFANTIL
O último día de cole, mércores 23 imos facer a nivel de Infantil catro talleres :
- Maquillaxe
- Baile
- Plástica: adornos para a árbore
- Plástica: coroa
A idea é facer catro grupos con nenos de tres, catro e cinco anos. Todos os nenos van a participar en todos os talleres e ao final imos facer un baile ao que estades convidados.
Para que vaiades practicando cos vosos nenos/as aquí tedes a panxoliña e os xestos que hai que facer:
- Maquillaxe
- Baile
- Plástica: adornos para a árbore
- Plástica: coroa
A idea é facer catro grupos con nenos de tres, catro e cinco anos. Todos os nenos van a participar en todos os talleres e ao final imos facer un baile ao que estades convidados.
Para que vaiades practicando cos vosos nenos/as aquí tedes a panxoliña e os xestos que hai que facer:
martes, 6 de diciembre de 2016
viernes, 2 de diciembre de 2016
TALLER COS COMPIS DE PRIMARIA
Irene e máis eu repetimos a experiencia dos talleres cos nosos nenos/as de Infantil e de 5º de Primaria. Nas dúas clases e durante dúas sesións fixemos un mural do inverno onde os pequenos e os maiores tiveron a oportunidade de divertirse traballando xuntos. Toda unha experiencia !!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)