O venres 24 celebramos no cole esta data tan importante. Durante a semana escribimos o noso desexo para a eliminación da violencia. Eleximos entre tod@s a palabra IGUALDADE porque homes e mulleres, nenos e nenas temos os mesmos dereitos e podemos facer as mesmas cousas. E tamén a palabra AMOR porque é a solución para moitos conflictos e problemas.
Cada un depositou o seu desexo no buzón:
E xa no patio, por aulas, colocamos os zapatos violeta no lazo e cantamos todos xunt@s "Quiero alas" para reivindicar os dereitos das mulleres.