domingo, 5 de mayo de 2024

AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: ANTÓN E SHEILA

   Antón e Sheila contáronnos a historia de Leonard, unha musaraña un pouco vergoñenta á que lle custa ser escoitada. Iso fai que se perda moitas cousas que lle gustan e divirten. ¡ Más alto Leonard ! é un conto que fomenta a empatía e a confianza nun mesmo.

MOITAS GRAZAS ANTÓN, ALDÁN E SHEILA !!!










AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: GAEL E MARÍA


    " Desconectados " foi o conto elexido por Gael e María. Unha historia que nos axuda a comprender o adictivas que son as pantallas e que nos fai reflexionar sobre o seu bo uso e a importancia de estar conectados con nós mesmos e coas persoas que nos rodean. 

MOITAS GRAZAS GAEL, ALDÁN E MARÍA !!!








domingo, 28 de abril de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   O martes 23 celebramos no cole o Día do Libro cos apadriñamentos lectores. Os alumn@s de 4º de Primaria viñeron a contarnos contos nunha xornada que disfrutamos tod@s. Moitas grazas aos nen@s da profe Marina que estiveron connosco:















lunes, 22 de abril de 2024

AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: CHLOE, YANIRA E MARIANO

   Este curso tamén imos facer sesións de contacontos dentro das actividades programadas para celebrar a Semana do Libro. Hoxe viñeron Yanira e Mariano os papás de Chloe a contarnos " Me da un poco de vergüenza " onde a protagonista consegue superar a súa timidez porque a Lara, ás veces, cústalle moito saudar algo que é normal e que nos pasa a tod@s.

MOITAS GRAZAS CHLOE,  YANIRA  E MARIANO !!!







A TVG NO COLE

   A Televisión de Galicia veu o martes 16  gravar unha reportaxe para o programa " Hora galega". Dende fai uns días temos no cole unha incubadora con ovos e nas próximas semanas teremos a oportunidade de ver todo o proceso da incubación dos ovos e do nacemento dos pitiños. Ademais nesta xornada disfrutamos dunha exhibición canina e de aves que nos gustou moito.











lunes, 15 de abril de 2024

AS BOLSAS DOS TRABALLOS

    Estes días decoramos as nosas bolsas dos traballos con pintura de tea. Quedaron así de bonitas:








domingo, 31 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA

    O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No cole os nen@s de Infantil e de Primaria visitamos a biblioteca para "liberar "cada un de nós un  poema da gaiola. Gústanos moito a poesía por eso disfrutamos desta actividade tan bonita.



viernes, 15 de marzo de 2024

VISITA A LUGO

    Coma sempre cando imos de excursión escollemos as parellas do autobús:

   

   Hoxe viaxamos ata Lugo para visitar o  Museo Provincial. Nada máis chegar subimos á Muralla para ver os dous murais de arte urbana.

   A "Castrexa" do artista Manuel Pallín, pintada nunha fachada de 20 metros, representa unha guerreira con roupa, xoias e armas típicas dos pobos prerromanos:



   "Xulio César" do artista Diego As foi elexido mellor mural urbano do mundo do ano 2021. Esta obra de 20 metros en diferentes tonalidades de gris está dedicado a este importante emperador romano:



      Despois do paseo pola Muralla fomos camiñando ata o Museo onde nos esperaba o noso guía:





      Simón levounos á sala dedicada a Maruja Mallo onde puidemos ver algún dos seus cadros máis importantes:







    Tamén visitamos a sala de Julia Minguillón, outra importante pintora lucense que foi a primeira muller en gañar unha medalla na Exposicion Nacional de Belas Artes coa obra "Escola de Doloriñas"








      Simón contounos que o noso amigo Max visitou o Museo fai uns días e que quedou abraiado cos fermosos cadros de Xulia e de Maruja.

   No Museo tamén puidemos ver a "sala do ouro" onde está o Torques de Burela ( colar de ouro usado polos pobos celtas como adorno ) e moitas outras xoias que serviron de inspiración para o mural da castrexa.





   Por último vimos uns mosaicos romanos que son obras de arte feitas con pequenas pezas de pedra chamadas teselas e que se servían para decorar suelos ou paredes:








   


   
   Despois desta interesante visita merendamos e disfrutamos dun tempo de lecer no parque de Campo Castelo. Un día que disfrutamos cos nos@s compañeir@s da clase de 6º A de Infantil.