O venres foi un día especial no cole porque celebramos Samaín. Na clase fixemos un desfile para ensinar aos compañeir@s os nosos disfraces de zombis:
Tamén trouxemos unhas merendas terroríficas que estaban moi, moi ricas!!!
O venres foi un día especial no cole porque celebramos Samaín. Na clase fixemos un desfile para ensinar aos compañeir@s os nosos disfraces de zombis:
O xoves 27 pasamos un ratiño moi divertido na biblioteca con Santiña. Ela nos ensinou un feitizo para quitar todos os medos e tamén nos contou a historia de tres esqueletos que nos gustou moito. Grazas Santiña por visitarnos en Samaín!
No cole fixemos uns morcegos para decorar a nosa clase e tamén preparamos un mural para festexar o Samaín.
Tamén pintamos entre tod@s á bruxa Maruxa que está no noso mural e que quedou así de bonito:
O martes 25 celebramos no cole o día das Bibliotecas cunha actuación no Salón de actos. Cos nos@s compañeir@s de Infantil disfrutamos cos trucos do mago que, coa súa maxia, nos lembrou o importante que é reciclar e coidar o noso planeta.
Neste día tamén nos acompañou Libeteca, a mascota da biblioteca, que estaba de aniversario. En Infantil decoramos a súa coroa para celebrar un día tan especial. MOITAS FELICIDADES LIBETECA !!!
En setembro viñemos con moitas ganas de contar aos amig@s as nosas vacacións de verán. Aproveitando esta motivación decidimos facer un pequeno proxecto para explicar as nosas viaxes, os medios de transporte que empregamos, a roupa que levamos na maleta, as actividades e as excursións que fixemos... e tamén trouxemos a clase unha fotografía para ensinar aos compañeir@s.
Gustounos moito ver as fotos das vacacións dos nosos amig@s:
O martes 20 de setembro viaxamos a San Clodio para visitar un pobo de conto habitado por formigas e outros animais feitos con todo tipo de materiais reciclados. Xosé Ramón, o dono da finca, fixo de guía e xunto cos amig@s e as profes disfrutamos dunha xornada moi divertida.
Iniciamos así, o proxecto de centro " S.O.S. tendo ao planeta " sobre o coidado do medio ambiente, que traballaremos durante o curso.