domingo, 11 de febrero de 2018

PROXECTO: " O ENTROIDO EN GALICIA "

Esta semana tan festeira deixamos as nosas rutinas habituais para facer actividades máis propias desta época do ano. Aproveitamos para coñecer os disfraces típicos de diferentes zonas de Galicia e saber como se vive o Entroido nas distintas localidades: 














DESFILE ENTROIDO 2018

O venres 9 de febreiro na sesión de tarde celebramos o Entroido cun desfile no patio do cole que quedou así de vistoso:




































 


" OS XENERAIS "

Este ano adicamos o  Entroido o arte e as tradicións galegas e dende o cole quixemos dar a coñecer os disfraces típicos rexionais de Galicia. En Infantil eleximos os Xenerais da comarca do Ulla. Parte do disfraz o fixemos na clase e tamén tivemos a axuda dos papás:





!!! Qué guapos !!!






" DÍAS DE ENTROIDO "

Durante a semana de Entroido  seguimos os mandatos do Meco e fixemos estas fotos no noso photocall particular:










sábado, 3 de febrero de 2018

ESTÁ NEVANDO !!!!!

O venres estabamos na asamblea cando empezou a nevar con intensidade e decidimos sair ao pavillón para ver a neve e lembrar  que é auga que está en estado sólido. Lástima que non nevou o suficiente para xogar con ela:



"DÍA DA PAZ"


O martes 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz xunto cos nenos/as de 4 anos da clase de Melani. Contamos e dramatizamos "Amigos" a curiosa historia de amizade entre un gato e un peixe. Tamén falamos do que significa a PAZ e do importante que é celebrala a diario.
Fixemos un xoguete relacionado co conto e a nivel de Infantil decoramos entre todos un mural de Caruncho que quedou precioso no noso pavillón.