viernes, 31 de mayo de 2019

TEATRO DE TÍTERES

O venres 24 disfrutamos no Salón de Actos dun teatro de títeres da compañía Mircromina
"Vacacións no mar" que conta a historia da nena Mariña do Mar, o mariñeiro Moncho e o pirata Ollo Virollo. Un espectáculo de  monicreques que nos gustou moito:


Resultado de imagen de vacacions no mar titeres


Resultado de imagen de vacacions no mar titeres

PRESENTACIÓN OFICIAL DO IRMÁN DE LUCA :KENZO

O mércores 22 tivemos na clase a visita de Kenzo, o irmán de Luca, que veu a vernos coa súa mamá Elva. Luca contounos as cousas que lle gusta facer co seu irmán pequeno , por exemplo ir á praia cos seus papás e buscar tesouros. Luca trouxo un ovo de tiburón para ensinar aos amigos e tamén cunchas, caracolas e ollomaos ( tiñan propiedades máxicas e tamén se empregaban coma botóns ou para aliviar a dor de cabeza ainda que agora úsanse para adornar pendentes, aneis e toda clase de xoias e bisutería). Luca tamén nos contou que estivo no Acuario, que lle gusta moito xogar con Kenzo  e de agasallo trouxonos unhas botelliñas que preparou coa axuda da súa mamá.
Moitas grazas Luca !!!
Moita grazas  Elva e Kenzo pola visita !!!










Entre todos fixemos un libro de debuxos para Kenzo para que tamén teñan un recordo deste día na clase de Luca e os seus amigos.


domingo, 19 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores tamén celebramos no cole o día das Letras Galegas que este ano está adicado ao 
escritor Antonio Fraguas. Pola mañá disfrutamos dunha xornada de xogos tradicionais que organizaron os mestres de Ed. Física Estefanía e Jonathan e que nos gustaron moito.
E pola tarde puidemos ver a actuación do grupo de pandereta e baile galego para completar un día de celebración e entretemento.









15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o día da Familia e na clase quixemos conmemorar esta data tan especial preparando un agasallo para os nosos pais, irmáns, avós ... que quedou así de primaveral e que fixemos con moito cariño para as persoas que máis nos queren e a quen máis queremos:



Materiais: cartulina, témpera, papel, pinceis, paus de madeira, cinta
Técnica: pintura 

miércoles, 8 de mayo de 2019

A PRESENTACIÓN "OFICIAL" DO IRMÁN DE MARTÍN

Hoxe veu a visitarnos a nosa clase Adrián, o irmán de Martín, xunto coa súa mamá Silvia. 
Martín contounos moitas cousas do seu irmán e tamén de como axuda aos seus papás no coidado de Adrián. Cantamos a canción dos bebés e entre todos fixemos un libro de debuxos como agasallo  para que teñan de recordo deste día tan especial.
Moitas grazas Martín !!!
Grazas Adrián e Silvia pola visita !!!