TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

lunes, 8 de julio de 2024

FELICES VACACIÓNS !!!

    Despois de tres marabillosos anos xunt@s chega o momento de que iniciedes unha nova etapa en Primaria. GRAZAS por permitirme acompañarvos nesta viaxe e grazas polas vosas risas, sorrisos, experiencias, aprendizaxes, momentos compartidos... porque eu aprendo todos os días de vós. Disfrutade moito do verán e destas merecidas vacacións e vémonos á volta!

                                                   QUÉROVOS MOITO!!!

                                             BIQUIÑOS E ABRAZOS DE OSO

                                                 A vosa profe María José






domingo, 7 de julio de 2024

¿PROFE, NOS SACAS UNA FOTO?

    Moitas veces escoitei na clase esta frase e eu, con máis ou menos tempo, encantada de inmortalizar as vosas creacións e obras de arte. Aquí tedes amores as vosas fotos:


























lunes, 1 de julio de 2024

INSTALACIÓN ARTÍSTICA

   Segundo o artista Javier Abad as INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS son espazos de experimentación e transformación na que os nen@s, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, constrúen o seu propio coñecemento. Ademais fomentan o xogo, a socialización, a exploración, a creatividade... e co emprego de materiais de reciclaxe permiten traballar o coidado do planeta.

Para a nosa instalación empregamos materiais da clase e de reciclaxe: