domingo, 20 de enero de 2019

O RINCÓN DA CALMA

Na clase temos distintos recunchos de xogo que favorecen a socialización e a relación entre iguais:
- o rincón da cocinita e xogo simbólico
- o rincón dos coches e as construccións
- o rincón dos puzzles
- o rincón dos contos
- o rincón do proxecto
E tamén temos un recuncho para relaxarnos cando o necesitamos, para volver a un estado de paz e tranquilidade despois dun  momento de enfado ou nervios.
Nestas idades é importante que os nenos/as aprendan a coñecer as súas emocións pero tamén as dos demais e que aprendan a xestionalas.
Neste recuncho temos unha caixa con diferentes obxectos:
- un peluche para abrazar: o monstro verde da tranquilidade do  conto "Os monstros de cores"
- un bote da calma
- un reloxio de xel
- plumas
- unha pelota suave para espremer
- un pau de choiva ...
O recuncho está gustando moito aos nenos/as que disfrutan dos seus compañeiros/as pero tamén destes momentos de tranquilidade na aula:





No hay comentarios:

Publicar un comentario