Neste terceiro trimestre imos aprender cousiñas da Prehistoria, o período da historia anterior á invención da escritura. A Prehistoria comezou fai millóns de anos coa aparición dos primeiros humanos. Como vimos na información que trouxo Damir podemos distinguir 3 etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
No Paleolítico os primeiros humanos vivían en covas naturais onde realizaban pinturas. Ari trouxo para a nosa clase unha cova que construiu coa axuda dos seus papás. Ari contounos que estaba feita con cartón e decorada con pegadas e pinturas de animais.
No libro de Eric vimos que eran nómadas e que continuamente viaxaban detrás dos animais que cazaban.
Sophie contounos que se vestían coas peles dos animais e facían adornos como colares e pulseiras con pedriñas, conchas ou colmillos.
Na asamblea André contou que nesta epoca empregaban ferramentas como machados e armas como lanzas para cazar animais. Trouxo un machado que fixo coa axuda dos seus papás e tamén animais para xogar cos amig@s.
Un dos inventos máis importantes da Prehistoria foi o descubrimento do lume. Con Lía vimos que no Paleolítico usaban o lume para cociñar, quentarse, iluminar as covas e espantar aos animais salvaxes.
Sabemos que naquela época cazaban, pescaban e recollían froitas para comer. Marco trouxo un xogo con tres covas con frechas co noso nome para cazar corzos e así poder alimentarnos como facían na Prehistoria. Por turnos disparamos as frechas e Valeria conseguiu cazar un corzo que logo cociñamos no lume.
Na clase temos o no noso recuncho da Prehistoria onde nos gusta xogar cos amig@s.
No libro de Elena vimos como coa chegada da agricultura e a gandería, os homes deixan de ser nómadas e vólvense sedentarios. Empezan a cultivar plantas para comer (trigo, legumes...) e comezan a domesticar animais: cabras, ovellas, cans, porcos...
Como xa non teñen que desprazarse para buscar comida quedan a vivir no mesmo sitio e aparecen os primeiros poblados. Vivían en casas como as que nos trouxeron Sophie e Damir.
Tamén contamos o conto de Manuel " La casita de la Troglodita" e Suevia ensinounos o seu mamut, un dos animais da Prehistoria.
MUSEO DA PREHISTORIA
No pavillón de Infantil fixemos o Museo da Prehistoria con todos os traballos que elaboramos na casa e que preparamos nas clases. O martes 27 de maio fixemos un percorrido por todo o cole para ver os Inventos e Descubrimentos das distintas Idades da Historia: Prehistoria, Idade Antiga, Media, Moderna e Contempóranea e pola tarde invitamos ás familias para que viñeran ver a exposición nunha xornada de portas abertas.
Fixemos a visita coa profe Elvira e cos nen@s de 5º e 6º de Primaria:
O NOSO MUSEO
INVENTOS
Durante o Neolítico inventouse o tecido e comezan a tecer para facer a súa roupa. Na clase vimos como é un tear.
O invento máis importante foi a RODA e a artesanía foi a primeira en usala. Co torno de alfarero fabricaban obxectos de cerámica como vasos ou vaiselas. Na clase fixemos cada un o noso cunco que despois pintamos con témpera e pinceis.
Tamén fixemos colares como os que usaban na Prehistoria como adorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario