sábado, 23 de marzo de 2019

22 DE MARZO: DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

O venres celebramos o Día da Agua e da Árbore. Os nenos/as da clase de Laura de 3º de  Primaria viñeron a contarnos moitas cousas dos vidueiros, a árbore que se vai a prantar este ano no noso cole. Tamén contamos na asemblea o conto: " A camiñada de Pin e Gas " que conta a historia de dúas pingas de auga que viaxan por terra, mar e aire:







domingo, 10 de marzo de 2019

8 DE MARZO: "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

O venres celebramos o día da Muller Traballadora coa lectura do conto " De puntillas" que narra a historia de Alex, unha nena que non atopa o seu lugar porque lle gustan os xogos considerados de "nenos":  o fútbol, as canicas, o pilla pilla..., subir aos arbores...
Alex non ten amigas e ningunha nena quere xogar con ela.
Un conto que fala de valores como a igualdade, a amizade e o respecto cara aos demais .
Na asemblea tamén comentamos as profesións das mamás e dos papás e explicamos que homes e mulleres poden realizar os mesmos traballos dentro e fóra da casa.






miércoles, 6 de marzo de 2019

1 DE MARZO: DESFILE DE ENTROIDO

O venres pola tarde celebramos o tradicional desfile de Entroido no noso cole. Xunto cos compañeiros/as de Infantil e Primaria e a presenza dos nosos papás e amigos desfilamos todos guapos de músicos e músicas. Este ano o tema do Entroido eran os oficios tradicionais galegos e no desfile puidemos ver todo tipo de disfraces relacionados con esta temática:  labregos, mariñeiros, mineros, indianos, costureiras ...
Na clase fixemos os tambores para completar o noso disfraz de tamborileiros que confeccionaron os papás na casa e que quedaron así de bonitos:














OS TAMBORES

Materiais: botes, papel, témpera, pinceis, cola, gomets, cinta
Técnica: pintura, pegado