martes, 24 de marzo de 2020

INFANTIL QUEDA NA CASA

A partir de agora seguiremos en contacto a través do blogue "Infantil queda na casa".
 Dada a situación que estamos a vivir, dende o equipo de Infantil estamos preparando con moita ilusión un blogue común para este período fóra das aulas.
Neste blogue poderedes atopar diferentes propostas: pautas de traballo cos nen@s, recursos,
manualidades, experimentos, xogos, actividades de mates, contos, lectoescritura, receitas ...
Queremos que vos tamén poidades participar dunha forma activa, que o blogue vos resulte útil e que sexa unha experiencia enriquecedora para tod@s.
Teredes actividades on line, un espazo para comentarios e un "MURO" para que poidades deixar imaxes e vídeos para compartir cos demais.
Podedes acceder dende a páxina web do centro. A idea é poder engadir contidos de maneira continuada, se nos é posible, tendo en conta os recursos dos que dispoñemos nestes momentos.
Esperamos que vos guste !!!!
Vémonos en  INFANTIL QUEDA NA CASA !


lunes, 23 de marzo de 2020

" OLA, OLA CARACOLA "

BOS DÍAS CHICOS E CHICAS !
 OLA, OLA CARACOLA !

Así empezamos todos os días a asemblea e así nos saudamos todas as mañás nada máis chegar ao cole. 
Imos estar uns días sen vernos ( levamos unha semana sen clase e xa vos boto moito de menos ).
Pero agora toca cuidarse. O máis importante é estar na casa, portarse fenomenal ( como sabedes facer moi ben), xogar moito e facer algunhas das actividades que están na páxina web do cole para vosoutr@s.
Eu tamén estou na casa, lendo e xogando ao parchís coa miñá mamá pero tamén preparando materiais, proxectos novos e cousiñas para a clase. 
Coa mesma ilusión e as mesmas ganas de sempre.
Ogallá poidamos vernos pronto e seguir disfrutando da aventura de aprender e divertirnos xuntos.
Moitos biquiños e abrazos de oso para tod@s.



E GRACIÑAS !!!  a todo o persoal sanitario que coida da nosa saúde, a todas as persoas que traballan para facernos a vida máis fácil e a toda a xente que queda na casa por eles e polos demais.

jueves, 19 de marzo de 2020

ILUSTRACIÓNS DE XABI LÓPEZ

Xabi López, o autor do libro "No pasa nada" acaba de publicar en facebook unhas ilustracións
que se poden imprimir ou colorear directamente na tablet. Chámalles corona-DIBUS e espero que vos gusten. Moitas grazas Xabi e biquiños para tod@s !!!








sábado, 14 de marzo de 2020

A SEMANA DA PRENSA

Do 9 ao 12 de marzo celebramos no cole a Semana da Prensa. En Infantil cada clase elexiu unha nova dun animal en perigo de extinción e entre tod@s decoramos a súa pegada para que eles non desaparezan, como se pode ver no pavillón de Infantil.
Na nosa clase eleximos o burro, un animal que tamén está en perigo de desaparecer.



O xoves tamén visitamos a biblioteca do cole para disfrutar cos libros de animais e cos contos que tanto nos gustan:










A VISITA DE MARLEY



O xoves 12 de marzo tivemos unha visita moi especial. Luca e os seus papás presentáronnos a Marley, o seu can, que é un membro máis da familia.
Marley foi adoptado cando era un cachorro e tivo a sorte de atopar un fogar e unha familia que o coida e o quere. 
A Marley gústanlle moito os nen@s e é o mellor compañeiro de xogos para Luca e Kenzo.
Moitas grazas pola visita !!!









domingo, 8 de marzo de 2020

8 M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Durante a semana fixemos distintas actividades para celebrar esta data tan importante.
Na clase falamos das profesións e dos traballos das nosas mamás e a nivel de Infantil elaboramos un mural coas fotos das mulleres máis importantes da nosa vida.
Na asemblea Luca e Area ensinaron as fotos que trouxeron para o mural colectivo e nos contaron moitas cousas delas:









Ademais Zeltia e Area trouxeron uns vídeos onde as súas mamás nos explican o seu traballo. 
Neles Mónica e María ensinan o seu lugar de traballo e nos contan en que consiste a súa profesión.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración !!!