viernes, 23 de abril de 2021

O DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar este día tan especial, este venres  23 de abril contamos na clase o conto: "A princesa do Caurel" da editorial OCO e escoitamos a canción:

      

Durante a semana tamén recitamos a poesía de Gloria Fuertes: "Don Libro está conxelado" e vimos na clase e comentamos as fotos cos nosos libros favoritos, coas que fixemos un mural que quedou así de bonito: 










sábado, 10 de abril de 2021

EN SEMANA SANTA

 Area quixo compartir connosco a foto da súa  casiña de caracois. Ademais aproveitou para contarnos o que comen, como son e de que materiais está feita a súa casa:



Tamén Luca compartiu as fotos da súa visita a CORAX, un centro educativo da fauna salvaxe na natureza que está en Paderne en A Coruña. Alí, xunto co seu irmán Kenzo, puido ver serpes, tartarugas, tigres, leóns, monos, suricatos, mapaches, aves rapaces ... e moitos outros animais. Luca deunos moita información destas especies autóctonas e foráneas:



Moitas grazas aos dous por compartir as vosas fotos e as vosas experiencias !!!