viernes, 25 de septiembre de 2020

ORGANIZACIÓN DA CLASE EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

   En Infantil compartimos espazos e materiais pero na situación actual toca adaptarse e cambiar rutinas e xeitos de traballar co obxectivo de garantir a seguridade de tod@s e minimizar o risco de contaxios.                                                                                                                                             Este curso na clase imos ter 3 equipos de catro nen@s cada un. Cada equipo vai a ter un estante propio para gardar o material de traballo de uso individual ( libros, lapis, pinturas, rotuladores ... )  e unha bandexa para os almorzos. Tamén en cada equipo haberá distintos tipos de xogos que só poderan usar os nen@s do mesmo equipo.






lunes, 14 de septiembre de 2020

USO DA MÁSCARA

    A nivel de Infantil queremos fomentar o uso da máscara como un hábito máis de hixiene. Queremos que os nen@s  vexan o seu uso como necesario para a prevención de enfermidades e que valoren a súa importancia para evitar contaxios. Queremos fomentar o seu uso dentro e fóra da aula pero de maneira flexible e sempre tendo en conta a idade dos nen@s.

A través de historias tan divertidas coma esta que nos ensinan a utilizar de forma axeitada a máscara.





CALENDARIO DE MERENDAS


UN CURSO ESPECIAL

    Iniciamos un novo curso coa ilusión de sempre pero cunha realidade diferente. Toca adaptarse a unha situación " excepcional" que implica tamén adoptar medidas "excepcionais" coa finalidade de garantir a saúde e a seguridade de tod@s. Con novos hábitos e novas rutinas pero de novo xunt@s e así de preparad@s EMPEZAMOS !!!