lunes, 30 de diciembre de 2019

FESTA FIN DE CURSO

O venres 20 participamos en catro talleres de Nadal xunto cos nen@s das outras clases de Infantil:
. Taller de caracterización
. Taller de plástica
. Taller de conto e baile
. Taller de maquillaxe
As doce fixemos o noso baile e a canción do reno Rodolfo para os papás e despois do recreo disfrutamos dunha festa onde aproveitamos para celebrar os cumpres do mes de decembro.
Unha xornada moi completa para despedirnos antes de disfrutar das vacacións de Nadal.


                        BO NADAL E FELICES FESTAS PARA TOD@S !!!

FIN DE ANO

O xoves 19 celebramos no cole o noso particular " Fin de Ano". Ás doce en punto do mediodía xuntámonos tod@s os nen@s de Infantil e de Primaria para dar a benvida ao 2020 e tomar os 12 "gusanitos" da sorte. Tivemos dous estupendos presentadores: María e Abraham, que nos retransmitiron as doce badaladas directamente dende a Porta do Sol de Madrid. Todos xuntos bailamos para recibir, con moito ritmo, o novo ano.
E así de elegantes viñemos para celebrar esta data tan especial:














CLASE DE NADAL

Estas datas son moi especiais para os máis pequenos.  No cole vivimos con ilusión, nervios e moita emoción estes días de festa e por iso quixemos decorar e ambientar a nosa clase de Nadal que quedou así de "navideña":














domingo, 29 de diciembre de 2019

CONTO POLA IGUALDADE

Nesta última semana tamén tivemos un contacontos dentro das actividades relacionadas co día internacional contra a violencia de xénero e que celebramos no cole o día 25 de novembro.
Na clase falamos de que os nenos e as nenas somos iguais e de que tod@s podemos facer as mesmas cousas. 
O conto que leva por título  "Vivan las uñas de colores" narra a historia de Juan, un neno ao que lle gusta pintar as uñas de cores pero que está triste porque na escola se rin del.






Xa na clase debuxamos o conto que nos quedou así de bonito:



sábado, 28 de diciembre de 2019

OBRA DE TEATRO INTERÁCTIVA EN INGLÉS

O día 12 tivemos a oportunidade de disfrutar dunha obra de teatro en inglés onde os nen@s puidemos interactuar e participar de forma activa na representación. Unha maneira moi divertida de escoitar, falar e cantar noutro idioma.






domingo, 15 de diciembre de 2019

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E PRANTAS

Durante este curso participaremos a nivel de centro no "Plan Proxecta" adicado aos animais.
O día 10 de decembro tivemos unha visita moi especial: Holly, Pequitas e Jack, tres canciños 
rescatados por Elena (voluntaria da protectora), viñeron ao cole e puidemos disfrutar coas súas habilidades.




Xa no Salón de Actos puidemos ver un video para coñecer a labor tan importante que se fai dende a protectora no coidado e adopción responsable de animais.
 Por último disfrutamos dun conto baseado en historias reais de canciños que tiveron a sorte de atopar un novo fogar.
Dende o cole vaise a levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos e cousiñas que poidan necesitar para mellorar as condicións dos animais da protectora.
Grazas pola vosa colaboración !!!








domingo, 1 de diciembre de 2019

" FROZEN 2"

O martes 26 viaxamos ata Lugo para ver a película "Frozen 2" nos cines Cristal.
Disfrutamos moito coas aventuras de Ana e de Elsa (as dúas protagonistas que viven nun castelo de xeo) e tamén tivemos a oportunidade de ver o cine por "dentro" e coñecer a sala de proxeccións.
Pero antes, na taquilla, mercamos a nosa entrada cos "cartos" que levabamos do cole e, coa axuda das profes, buscamos a fila e o número das nosas butacas.








AS PARELLAS DO AUTOBÚS

Como facemos sempre que imos de excursión eleximos as parellas para ir no autobús. Así quedaron nesta ocasión:


domingo, 24 de noviembre de 2019

TALLERES COS NEN@S DE 5º DE PRIMARIA

Cos nen@s da clase de Isa estamos a facer un mural de outono. A idea é que os máis maiores traballen cos pequenos para facer unha actividade interclase  que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Eu ademais, moi contenta de repetir talleres cos meus antigos alum@s que xa están en 5º de Primaria e que xa son dos máis maiores do cole.