domingo, 30 de junio de 2019

FIN DE CURSO

O venres 21 fixemos na clase unha festa para celebrar os cumpres do verán e tamén para despedirnos ata o curso que ven. Non faltaron as lambetadas que tanto nos gustan, as risas, o baile e a diversión neste último día de cole. 
FELIZ VERÁN, FELICES VACACIÓNS E ATA SETEMBRO !!!
BIQUIÑOS !!!











DÍA LÚDICO

O xoves 20 disfrutamos de xogos cooperativos no pavillón organizados polos profes de Educación Física e onde contamos coa axuda dos nenos maiores de Primaria. Todos guapos coas nosas camisetas de Maruja Mallo pasamos unha xornada moi divertida que compartimos cos compañeir@s de Infantil.







ÓPERA COA MAMÁ DE MATILDE

Lourdes, a mamá de Matilde da clase de Reme, veu a clase de 3 anos para explicarnos dun xeito moi sinxelo o que é unha ópera e tamén para interpretar varias pezas en castelán e italiano que nos gustaron moito. 
Grazas Lourdes por achegar a música clásica aos máis pequenos !!!




sábado, 15 de junio de 2019

VISITA DOS NEN@S DA GUARDERIA

O venres 14 tivemos unha visita moi especial. Os nen@s da guardería viñeron ao pavillón de Infantil coas súas profes para coñecer o que vai a ser o seu cole para o curso que ven.
Nas clases da planta baixa contamos un conto e cantamos cancións e despois todos xuntos disfrutamos dunha festa e dun ratiño de xogos no patio.
Foi unha xornada para coñecernos e hai que dicir que os nenos se portaron fenomenal.
 Moitas grazas pola visita e ata pronto !!!