domingo, 26 de noviembre de 2023

" DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER "

    O venres 24 celebramos no cole esta data tan importante. Durante a semana escribimos o noso desexo para a eliminación da violencia. Eleximos entre tod@s a palabra IGUALDADE porque homes e mulleres, nenos e nenas temos os mesmos dereitos e podemos facer as mesmas cousas. E tamén a palabra AMOR  porque é a solución para moitos conflictos e problemas.











Cada un depositou o seu desexo no buzón:

E xa no patio, por aulas, colocamos os zapatos violeta no lazo e cantamos todos xunt@s "Quiero alas" para reivindicar os dereitos das mulleres.











miércoles, 22 de noviembre de 2023

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

    Novembro é o mes da Ciencia. Dende a biblioteca do cole quixemos achegar a ciencia aos nen@s dunha maneira amena e divertida. En Infantil tivemos a sorte de contar con Carmela (que é química ) Yanira e María (tres mamás da clase) que fixeron uns obradoiros para os máis pequenos e tamén para algúns cursos de Primaria.


   Aprendemos dun xeito sinxelo e didáctico que é a ciencia e o importante que é para as nosas vidas. Grazas aos científic@s e aos seus descubrimentos (vacinas, medicamentos...) e as leis que formulan vivimos nunha sociedade moito mellor.



   Con Carmela, María e Yanira tivemos a oportunidade de coñecer a cientíticos tan importantes como Galileo Galilei que foi o primeiro en descubrir que a lúa ten montañas e que a Terra xira arredor do Sol. E tamén a Marie Curie que foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e ademais é a única persoa que ten dous Nobel en distintas disciplinas (Física e Química). Xunto co seu marido Pierre descubriu o Polonio  e o Radio que ten importantes aplicacións no campo da Medicina. En España destacan a bioquímica Margarita Salas e a astrónoma galega Antonia Ferrín.



  Tamén disfrutamos moito cos experimentos porque aprender ciencia pode ser moi divertido!

VOLCÁN







POMPAS E BURBULLAS












PASTA DE ELEFANTE



MIL GRAZAS POLO VOSO MAGNÍFICO TRABALLO E POLA IMPLICACIÓN !!!

















domingo, 19 de noviembre de 2023

TEMPO DE OUTONO

   Pintamos a árbore con témpera e pinceis e decoramos con gomets.


Tamén pintamos e pegamos papeis nas gotas de auga e decoramos as follas con rotuladores.


Este foi o resultado:







miércoles, 1 de noviembre de 2023

31 DE OUTUBRO: FESTA DE SAMAÍN

    Este martes disfrutamos da festa de Samaín. Para a ocasión viñemos disfrazados e fixemos un desfile na clase. Tamén compartimos unha merenda especial e xogos relacionados coa temática de Halloween que preparou a profe Marta.