domingo, 27 de junio de 2021

FELICES VACACIÓNS !!!

 Tres cursos xunt@s. Tres cursos maravillosos ainda que con momentos complicados e cunha pandemia polo medio. Con moitos cambios nas nosas rutinas e hábitos, na maneira de organizar a clase,  de relacionarnos, ... pero coa ilusión de sempre e o mesmo desexo de aprender e divertirnos xunt@s. Con moitos momentos bos pero tamén con algúns malos ( o confinamento, o tempo de non poder ir ao cole e estar cos amig@s... ) Momentos que forman parte da vida mesma e que son unha aprendizaxe máis: a aprendizaxe de saber adaptarse ás circunstancias e de  superar as dificultades.  Ana, Area, Daniela, Ángela, Martín, Zeltia, Luca, Yago, Noa, Martiño, Clara, Mateo sodes uns CAMPEÓNS !!! GRAZAS por permitirme acompañarvos nesta viaxe e grazas polas vosas risas, sorrisos, experiencias, e aprendizaxes... porque eu aprendo todos os días de vós. Disfrutade moito do verán e destas merecidas vacacións. 

                                    Moitos  bicos sen virus e abrazos de oso para tod@s !!!                                                                               QUÉROVOS MOITO !!!

                                                          A vosa profe  María José



POR DIANTE E POR DETRÁS

 Gustounos moito pintar as nosas camisetas.  Poñer o nome e facer un debuxo para cada un dos nos@s amig@s.  As camisetas quedaron moi bonitas ademais de ser un recordo precioso da nosa etapa de Infantil. O último día de clase viñemos tod@s guap@s e disfrutamos dos xogos cooperativos no patio:








EU SON UN ARTISTA ...

 Na clase hai un  recuncho de pintar pero sempre que temos ocasión aproveitamos para debuxar, colorear, facer as nosas creacións ... Empregamos todo tipo de técnicas e materiais, deixamos voar a  imaxinación e facemos as nosas obras de arte porque somos moi creativ@s e como di a canción: "Eu son un artista e veño de París ..."










lunes, 21 de junio de 2021

GRAZAS DE CORAZÓN !!!

Que ilusión esta mañá ao vervos chegar a clase cos vosos regalos e ver as vosas cariñas !!! Uns agasallos que son ÚNICOS, ESPECIAIS e que están feitos con tanto CARIÑO. Sodes uns ARTISTAS e unha clase MARAVILLOSA !!! QUÉROVOS MOITÍSIMO !!!                                                                   GRAZAS INFINITAS !!!



viernes, 18 de junio de 2021

VOLCÁN EN ERUPCIÓN


Que ilusión cando o volcán entrou en erupción !!!
Na clase sentimos fascinación polos volcáns. Gústanos ver vídeos para coñecer como se forman, cales son as súas partes, cantos volcáns activos hai, onde están os volcáns subacuáticos... 
Esta semana fixemos un volcán caseiro no que participamos tod@s:
Para facer o experimento usamos:
- Arxila para modelar
- Bicarbonato
- Vinagre
- Colorante






domingo, 6 de junio de 2021

A VISITA VIRTUAL DE BRUNO

 Esta semana Clara presentounos "virtualmente" a Bruno. Na clase vimos un vídeo dos dous irmáns (xogando, con disfraces, no momento do baño, da comida, dando un paseo ... ) e despois Clara contestou as preguntas dos seus compañeir@s. De agasallo preparamos un libro de debuxos que fixemos con moito cariño para Bruno. Esperamos que vos guste. Grazas familia !!







domingo, 16 de mayo de 2021

17 DE MAIO: "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

 Este ano o día das Letras Galegas está adicado á escritora e poeta Xela Arias. En Infantil eleximos unha palabra en galego que, neste tempo en que vivimos, ten un significado especial: "APERTA". Cada clase decorou unha letra para, entre tod@s, construír esta palabra tan fermosa:





A "FAMILIA" DO COLE

 No cole pasamos moitas horas xuntos. Compartimos momentos, experiencias, risas, sorrisos e tamén algún que outro choro. Divertímonos, aprendemos xogando e ás veces tamén nos enfadamos. Pero tamén sabemos pedir perdón, axudarnos cando o necesitamos e solucionar os conflictos que xorden no día a día. En definitiva, somos unha gran familia e o máis importante,  querémonos moito !!! Somos A GRAN FAMILIA do cole: