viernes, 29 de enero de 2016

CORES POLA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz. En Infantil fixemos un mural colectivo coas mans de todos os nenos/as que representan o arco da vella da Paz. Cada clase fixo unha cor: as profes o vermello, os nenos de cinco anos o laranxa e amarelo, os de catro o verde e o azul e os de tres o añil e o violeta. Na nosa clase tamén pintamos unhas nubes. O arco da vella quedou así de bonito:













miércoles, 13 de enero de 2016

O NOSO AMIGO RODOLFO

O reno Rodolfo despois de falar con Papá Noel decidiu quedar un tempo na nosa clase porque lle gusta moito o cole. Para que non pase frio agora que estamos no inverno fixemoslle unha bufanda, uns guantes e unhas botas para que esté ben abrigadiño.


jueves, 7 de enero de 2016

VIÑERON OS REIS MAGOS |||

Que alegría!!! Hoxe cando chegamos á clase atopamos uns regalos e unha carta dos Reis Magos na que nos contan que como no cole nos portamos moi ben e traballamos fenomenal quixeron deixarnos uns xoguetes para compartir cos amigos. Así da gusto voltar ao cole !!!