viernes, 27 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O martes 24 foi o Día das Bibliotecas e para celebralo visitamos a biblioteca do cole para disfrutar da obra de  teatro "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"  de Manuel María que representaron os nenos/as de 6º de Primaria.
Tamén fixemos unha medalla conmemorativa deste día:







sábado, 14 de octubre de 2017

PROXECTO: "AS VACACIÓNS DE VERÁN"

Adicamos os primeiros días de cole a facer un pequeno proxecto sobre as vacacións co obxectivo de compartir cos amigos/as as experiencias, as vivencias e as lembranzas  destes meses de verán.
Cada neno/a trouxo algunha fotografía do seu lugar de vacacións para comentar na asamblea 
 e ademais falamos:
- dos medios de transporte utilizados para viaxar
- da roupa de verán que levamos na maleta
- das actividades de lecer
- das persoas coas que compartimos as vacacións ...
 Tamén aproveitamos para recordar algúns dos conceptos xa traballados no curso pasado
( grafomotricidade, trazos, lóxica-matemática ... ).
E por último fixemos unha portada que nos quedou así de bonita:




Técnica: estampación, recortado, pegado
Materiais: cartulina, témpera, corchos, papel charol, papel prata, tixoiras, pegamento, gomets


viernes, 13 de octubre de 2017

XA ESTAMOS DE VOLTA !!!

Cómo pasa o tempo !!! 
Parece que foi onte cando chegamos ao cole por primeira vez e xa estamos no último curso de Infantil. Un curso que iniciamos coa mesma ilusión de sempre e con algún que outro cambio. Cris e Samuel xa non están porque marcharon a outro cole e ademais viñeron tres nenos novos:
Maya, Nicole e Matteo que é italiano. 
O mes de setembro foi para todos un mes de adaptación pero agora xa estamos preparados  para disfrutar da aventura de aprender. 
EMPEZAMOS !!!
Moita sorte Samuel e Cris !!!