viernes, 25 de noviembre de 2022

BOLBORETAS PARA O 25 N

Todos os días teñen que ser 25 N pero hoxe quixemos celebrar esta data tan especial contando na clase a historia de "Rosa caramelo" que nos ensina a través da súa protagonista, a elefantiña Margarita, a importancia de valorar aos nenos e ás nenas do mesmo xeito,  rexeitando os estereotipos. Tamén preparamos un paraugas coas bolboretas que trouxemos da casa e que xa decoran o noso pavillón de Infantil:










viernes, 18 de noviembre de 2022

O RECUNCHO DA CALMA

    Na clase hai momentos de moita actividade, tempo de xogo, de música e baile, de cancións, de contos, de plástica ... pero tamén hai momentos para a tranquilidade. Por este motivo na nosa aula hai un recuncho ao que podemos ir cando queremos relaxarnos, descansar, estar tranquilos...  É o noso RECUNCHO DA CALMA que disfrutamos tod@s pero de un en un:








viernes, 11 de noviembre de 2022

SOMOS UNS ARTISTAS

 E como mostra este mural de tema libre que decoramos entre tod@s con témperas e pinceis. Quedou así de bonito na nosa clase:












FOLLAS DE OUTONO

 " Llega el otoño tras el verano, se caen las hojas secas de luz ... " Así comeza a canción do outono que cantamos todas as mañás. Nosoutros quixemos encher a nosa clase de follas de luz e cor e decorar o mural onde a bruxa Maruxa, co seu chuvasqueiro, xa está preparada para disfrutar desta estación.