domingo, 16 de mayo de 2021

17 DE MAIO: "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

 Este ano o día das Letras Galegas está adicado á escritora e poeta Xela Arias. En Infantil eleximos unha palabra en galego que, neste tempo en que vivimos, ten un significado especial: "APERTA". Cada clase decorou unha letra para, entre tod@s, construír esta palabra tan fermosa:





A "FAMILIA" DO COLE

 No cole pasamos moitas horas xuntos. Compartimos momentos, experiencias, risas, sorrisos e tamén algún que outro choro. Divertímonos, aprendemos xogando e ás veces tamén nos enfadamos. Pero tamén sabemos pedir perdón, axudarnos cando o necesitamos e solucionar os conflictos que xorden no día a día. En definitiva, somos unha gran familia e o máis importante,  querémonos moito !!! Somos A GRAN FAMILIA do cole: 









viernes, 14 de mayo de 2021

15 DE MAIO: " DÍA DA FAMILIA "

 O 15 de maio celébrase o día da familia. É unha xornada moi especial que nós tamén quixemos conmemorar no cole preparando, con moito cariño, un agasallo para as persoas que máis queremos e que máis nos queren. FELIZ DÍA FAMILIAS !!

                                                                                                       




miércoles, 12 de mayo de 2021

A VISITA VIRTUAL DE LAURA

 Como non se pode facer de xeito presencial, hoxe tivemos a "visita virtual" da irmá de Yago. Tiñamos moitas ganas de coñecer a Laura! Na clase puidemos ver un vídeo moi divertido de Yago, Laura e Aldara, a súa curmá. Yago tamén nos contou moitas cousiñas de Laura: a súa comida favorita, a que lle gusta xogar, cantos anos ten ... 




Na clase fixemos un libro de debuxos de agasallo para Laura que esperamos lle guste. Grazas Yago por presentarnos a túa irmá!


 





domingo, 9 de mayo de 2021

O NIÑO DE MARTIÑO

 Martiño trouxo un niño para ensinar aos seus compañeir@s. Un niño que estaba nunha árbore e que atopou cando camiñaba cos seus avós. Na clase aproveitamos para ver un vídeo sobre o cuco, un páxaro que chega a finais de marzo ou principios de abril, anunciando a primavera co seu característico canto. Grazas Martiño !!!



domingo, 2 de mayo de 2021

DE CORES

 En Infantil decoramos o noso pavillón entre tod@s con flores, xoaniñas e bolboretas para poñer cor a estación da primavera: