martes, 25 de diciembre de 2018

BO NADAL E FELICES FESTAS !!!


TALLERES DE NADAL E FESTA DE FIN DE TRIMESTRE

O venres 21 despedimos o trimestre cunha xornada especial. Pola mañá fixemos catro talleres de Nadal onde tivemos a oportunidade de compartir experiencias cos outros nenos/as de Infantil das clases de tres, catro e cinco anos e con outras profes:

TALLER DE CONTO E BAILE

TALLER DE CARACTERIZACIÓN

TALLER DE MAQUILLAXE

TALLER DE PLÁSTICA

Ao seu remate fixemos no patio cuberto un baile coa coreografía de "Un año más" de Mecano onde contamos coa presencia dos papás que viñeron a vernos:






Por último celebramos unha festa para despedirnos ata o ano que ven onde disfrutamos dos amigos, da festa e do baile:





FIN DE ANO

O xoves 20 celebramos no cole o Fin de Ano. Moi  guapos e elegantes nos xuntamos no patio todos os nenos de Infantil e de Primaria para comer as 12 "uvas". Demos as campanadas no noso particular reloxo da porta do Sol, bailamos e fixemos un photocall para ter un recordo deste día tan especial:














TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Na clase decoramos unha bolsa para levar os nosos traballos do primeiro trimestre:





Materiais: témpera, pinceis, papel adhesivo
Técnica: pintura, estampación







XUNTANZA COS NENOS DE 1º DE PRIMARIA

Os nenos/as de 1º de Primaria viñeron a nosa clase para descubrir o que había agochado na  "caixa Máxica"e todos xuntos disfrutamos  co conto "La corona del rey" unha historia de papiroflexia  para a que únicamente se necesita unha folla de papel e un pouco de imaxinación:











jueves, 6 de diciembre de 2018

CONTACONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 4 os nenos/as de 3 anos disfrutamos dunha sesión de contacontos para celebrar o Día contra a violencia de xénero. Verónica Eiravella veu a nosa clase para contar e
dramatizar "Enamorados" unha historia que fala de valores, de igualdade e de sentimentos e que nos gustou moito.  Grazas Verónica!!!





domingo, 25 de noviembre de 2018

TEMPO DE OUTONO

Tempo de outono, tempo de choiva, de frío, de castañas, de magosto ... Esta semana ambientamos a porta da clase que decoramos entre todos e que quedou así de bonita:










Maricastaña

23 DE NOVEMBRO "DÍA DA NON VIOLENCIA"

No cole celebramos esta data tan importante coa elaboración dun mural onde participaron os nenos/as de Infantil e Primaria.
Todos pintamos ou decoramos as nosas  mans para manifestar que estamos en contra de todo tipo de violencia.



As nosas mans




Pola tarde no pavillón de Infantil a AMPA do cole realizou unha actividade moi chuli con tatoos pola igualdade de xénero: