viernes, 24 de febrero de 2023

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE ANDRÉ, O IRMÁN DE ANTÓN

   Hoxe tivemos na clase a visita de André que veu cos seus papás. Antón contounos moitas cousiñas do seu irmán. Tamén cantamos a canción dos bebés e como agasallo fixemos un libro de debuxos para que teña de recordo. Grazas ANDRÉ, SHEILA e JAVI pola visita e grazas ANTÓN por presentarnos ao teu irmán.





viernes, 17 de febrero de 2023

VENRES DE ENTROIDO

 " Se ao meco queres contentar, o VENRES no proxecto do centro terás que mergullar "






   

   Hoxe celebramos no cole a festa do Entroido no pavillón. Desfilamos de pingüíns xunto cos nos@s compañeir@s da clase de Lidia que ían vestidos de osos panda. Nesta xornada disfrutamos das actuacións dos outr@s nen@s do cole relacionadas coa temática deste curso: o coidado do medio ambiente.





jueves, 16 de febrero de 2023

XOVES DE PHOTOCALL

 " Para ao meco sorprender, o XOVES cada un o que quere pode traer "












MÉRCORES DE ENTROIDO

 " Se ao meco o MÉRCORES queres namorar, algo na túa cara terás que pintar ou colocar "







14 DE FEBREIRO: " O DÍA DO AMOR E DA AMIZADE "

    Para celebrar esta data tan especial contamos na clase o conto " Así es mi corazón " e fixemos uns colgantes que quedaron así de bonitos:








Tamén fixemos un debuxo con corazón a un amig@ da clase como agasallo para festexar a amizade:








E, por último, tivemos unha cita a cegas coa lectura. Na biblioteca estaba agardando por nós Libeteca que nos regalou un conto a cada un. Moitas grazas Libeteca polo teu agasallo!







MARTES DE ENTROIDO

 " Despois do luns chega o MARTES... e non hai xeito de librarse !!! Ven ao cole, festivo e reciclado con algo no pescozo colgado "










lunes, 13 de febrero de 2023

LUNS DE ENTROIDO

 " Para entrar, o LUNS, no entroido con bo pé, os calcetíns desemparellados e coloridos terás que traer. A moda di que por fóra teñen que vir "