viernes, 22 de diciembre de 2017

BO NADAL E FELICES FESTAS !!!!

Os nenos/as de 5 anos queremos desexarvos un Feliz 2018 !!! Moitos bicos:


FESTA DE FIN DE CURSO

O xoves 21 disfrutamos no cole dunha xornada moi especial.
Pola mañá fixemos catro talleres relacionados coa figura do Apalpador:
- Obradoiro de plástica: confección dunha boina.
- Conto: a historia do Apalpador.
- Obradoiro de maquillaxe.
- Obradoiro de plástica: bola muñeco de neve.
Nos talleres tivemos a oportunidade de estar con nenos/as das outras clases de Infantil e tamén con outras profes.



Despois todos xuntos cantamos no patio a panxoliña de Mamá Cabra, unha canción adicada a todos os papás e por último disfrutamos dunha festa na clase para despedirnos dos amigos ata o ano que ven.





E tamén tivemos unha sorpresa, a visita do Apalpador que veu a visitarnos e nos trouxo de agasallo un conto coa súa historia. Qué sorte !!!!!





TRABALLOS 3º TRIMESTRE

Ao final do trimestre fainos moita ilusión levar todos os nosos traballos para a casa. Nesta ocasión decoramos a bolsa para gardar os materiais cuns motivos moi navideños:


sábado, 16 de diciembre de 2017

O LIBRO DO OUTONO

Neste primeiro trimestre aprendemos moitas cousas da estación do outono e aproveitamos para facer un libro onde empregamos diferentes técnicas plásticas:







miércoles, 6 de diciembre de 2017

CHEGOU O NADAL !!!

Esta semana  xa estamos  decorando a nosa clase para empezar a disfrutar destes días tan especiais de Nadal:









ESTIMULACIÓN AO LINGUAXE ORAL

Todos os xoves ven a nosa clase Nuria, a profe de A. L. Con ela facemos exercicios de estimulación ao linguaxe oral onde aprendemos dun xeito moi divertido a pronunciar os fonemas correctamente.
Unha das actividades que máis nos gusta é a do soplo onde o pasamos fenomenal.
Grazas Nuria !!!








domingo, 3 de diciembre de 2017

OBRADOIROS CON 3º DE PRIMARIA

Unha vez máis repetimos a experiencia dos obradoiros cos nenos/as de Primaria onde, coma sempre,  tivemos a oportunidade de traballar xuntos empregando diferentes técnicas plásticas para facer uns preciosos murais de Leandro Lamas:


















                                                  Mural de Primaria



                                                     Mural de Infantil






                                                         O Apalpador
                                                           
     

jueves, 9 de noviembre de 2017

EXCURSIÓN Á AULA DA NATUREZA DE O VERAL

O martes 7 de Novembro visitamos a Aula da Natureza do Veral onde fixemos distintas actividades e disfrutamos cos amigos/as dunha xornada ao aire libre.


Obradoiro con follas de outono




      Escribindo o nome con nogalina, un tinte natural.


      Xogando a adiviñar  animais



      

       Moi atentos escoitando a Miguel o monitor 

        Iniciando a Ruta das Chousas


      Observando as formigas

      Vendo o niño dun páxaro carpinteiro

       e unha rana