viernes, 26 de mayo de 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

   Este martes celebramos a xornada de portas abertas para mostrar os traballiños do noso PDI "SOStendo ao planeta" Dende o cole queremos agradecer a vosa presenza e a fantástica acollida destas segundas xornadas e esperamos que disfrutarades de todas as cousiñas que preparamos con moita ilusión durante o curso. GRAZAS FAMILIAS POLA VISITA!!!





SESIÓN DE IOGA COA PROFE MARIANA

    Na clase de música fixemos coa profe Mariana unha sesión de ioga no fondo do mar así de divertida:











OS MAIOS

   O xoves 18 celebramos a festa da primavera. Tod@s vestid@s de branco decoramos o noso maio coas flores que trouxemos da casa e disfrutamos das cancións e do baile coa música de Branca Villares.










 
 








lunes, 15 de mayo de 2023

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

    Con moita ilusión preparamos este agasallo, feito con material reciclado, para celebrar esta data tan especial. Esperamos que vos guste.

 FELIZ DÍA FAMILIAS !!!









viernes, 12 de mayo de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: ENMA E CRIS

  "El abrazo" foi o conto elexido por Enma e Cris. Ourizo está triste, tan triste que necesita un abrazo. Pero ningún animal quere abrazalo. A tartaruga pásalle o mesmo. O problema é que ourizo ten púas e tartaruga caparazón. Deste xeito aprendemos que tod@s necesitamos ser querid@s e aceptad@s tal e como somos, a pesar das nosas diferenzas.

Grazas Enma e Cris polos abrazos!!!






AS FAMILIAS CONTAN: MEGHARA, VANESA E ALFONSO

    Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía... Así comeza a historia de "Maruxa" o conto que disfrutamos con Meghara, Alfonso e Vanesa.

Grazas familia polas risas e os sorrisos!!!






sábado, 6 de mayo de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: HUGO, ANA BELÉN E ÓSCAR

  Con Hugo, Ana Belén e Óscar disfrutamos de "El hilo invisible" un conto que fala dos vínculos que nos unen.  A protagonista é Nura unha nena que descobre o segredo que garda o embigo. Nel hai un fío invisible que a conecta con todas as persoas que máis quere: pais, avós, irmáns, amigos... porque o amor verdadeiro é infinito, perdura no tempo e no espazo.

Grazas familia polo vínculo!!!