domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Este venres celebramos o día do Libro cunha visita a biblioteca do cole onde os nenos/as de 5º e 6º de Primaria representaron algunhas esceas de distintos entremeses da obra de Cervantes.
Neste día tan especial tamén quixemos lembrarnos de Manuel María e entre todos os nenos do cole fixemos un libro de poemas adicado a él que leva por título " Contigo Manuel María" e un marcapáxinas coa súa imaxe.

Na biblioteca



Nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria








A nosa páxina do libro adicado a Manuel María




Os marcapáxinas

miércoles, 20 de abril de 2016

CONTACONTOS

Hoxe Carmen e Montse as mamás de Mario e Mariña viñeron a nosa clase para contar o conto  dos cinco ratiños e ensinarnos a canción do gato Tirurato. Pasámolo  fenomenal e de agasallo Montse e Carmen trouxeron un ratiño para cada neno e tamén 5 ratiños para que poidamos contar de novo o conto no cole. Tamén imos aprender a canción do gato que nos gustou moito.


O conto dos cinco ratiños


A canción do gato Tirurato

Mariña e Mario repartindo os ratiños aos amigos

O ratiño

lunes, 11 de abril de 2016

OS NOSOS DEBUXOS DE MIMÍ

Hoxe na asamblea lembramos entre todos o conto de Mimí e fixemos estes bonitos debuxos do gato para levar a casa de Manuel María:






viernes, 8 de abril de 2016

CONTACONTOS: " O BIGOTE DE MIMÍ"

Hoxe os nenos e nenas de tres anos visitamos a Casa Museo de Manuel María para asistir a un contacontos e disfrutar coa historia do gato Mimí.