domingo, 25 de marzo de 2018

23 DE MARZO: DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

O venres celebramos o día da Auga e da Árbore contando a historia " A auga, o dragón e o salgueiro "e os nenos/as de 3º de Primaria viñeron a nosa clase para explicarnos moitas cousas dos salgueiros e ensinarnos a árbore que van a prantar no patio de Infantil.




domingo, 11 de marzo de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo conmemorase o Día da Muller Traballadora e nos quixemos celebrar esta data tan importante e significativa cun contacontos xunto cos nosos compañeiros/as da clase de Reme. 
O conto "¿ Hay algo más aburrido que ser una princesa de color rosa? narra a historia de Carlota unha nena que non quere ser princesa senón vivir aventuras divertidas e cumprir os seus soños.  O conto transmite unha  mensaxe de igualdade onde  nenos e nenas, homes e mulleres somos iguais e podemos facer as mesmas cousas:








Tamén falamos das profesións e do traballo que as mamás e os papás fan na casa e fora dela  e chegamos a conclusión de que non hai oficios de homes ou de mulleres. Por último fixemos unha tarxeta conmemorativa onde cada un contou ao que lles gustaría adicarse: 











SEMANA DA PRENSA

Do 5 ao 9 de marzo celebramos no cole a Semana da Prensa onde aproveitamos para coñecer  as diferentes seccións dun xornal e valorar a importancia da prensa como medio de información e comunicación. Tamén utilizamos os xornais como soporte e material das nosas produccións plásticas: