jueves, 9 de noviembre de 2017

EXCURSIÓN Á AULA DA NATUREZA DE O VERAL

O martes 7 de Novembro visitamos a Aula da Natureza do Veral onde fixemos distintas actividades e disfrutamos cos amigos/as dunha xornada ao aire libre.


Obradoiro con follas de outono




      Escribindo o nome con nogalina, un tinte natural.


      Xogando a adiviñar  animais



      

       Moi atentos escoitando a Miguel o monitor 

        Iniciando a Ruta das Chousas


      Observando as formigas

      Vendo o niño dun páxaro carpinteiro

       e unha rana                                                  









AS PARELLAS DO AUTOBÚS

Sempre que imos de excursión eleximos ao noso compañeiro/a de viaxe e compartimos asiento no autobús:


sábado, 4 de noviembre de 2017

MONSTROS !!!!

Para conmemorar Samaín decidimos ambientar o noso pavillón dunha maneira un pouco 
"monstruosa" e decorar as portas con estes personaxes que a verdade non dan moito medo.
Despois de recortar moito o monstro de 5 anos quedou así de simpático:









Técnica: recortado, pegado
Materiais: papel continuo, tixoiras, pegamento, gomets, porexpan



Na clase cada neno/a tamén fixo o seu monstro particular para levar á casa.
O primeiro foi elexir o corpo de seis posibles modelos:



Despois coa axuda dun dado fomos creando o monstriño en función dos números que ían 
saíndo para debuxar ollos, narices, bocas, brazos e pernas. Foi moi divertido e este foi o resultado:


viernes, 3 de noviembre de 2017

SAMAÍN E MAGOSTO

O martes 31 foi un día moi especial porque celebramos a festa do Samaín e o Magosto.
Pola mañá fixemos na clase un desfile caracterizados de celtas:







Asier trouxo unha cabaza decorada. Na asamblea contounos como estaba feita e o que máis 
nos gustou foi apagar as luces e baixar as persianas para ver a cabaza acendida:


Tamén aproveitamos para visitar a exposición de cabazas do pavillón de Infantil e de Primaria:






Pola tarde celebramos o Magosto e todos xuntos comemos as castañas asadas que estaban moi, moi ricas: