sábado, 25 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Para celebrar este día contamos o conto "Eva, o trasno e o ameneiro". Os nenos/as de 3º de  primaria prantaron un ameneiro e tamén viñeron á clase para recitar unha poesía e explicarnos moitas cousas destas árbores:





domingo, 12 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

No cole tamén celebramos a semana da prensa con distintas actividades. Na nosa clase vimos que é un xornal e tamén as distintas partes dun periódico e as seccións que o compoñen: portada, contraportada, noticias ( locais, nacionais, do mundo ), deportes, actualidade, o tempo, cartelera ... Estas son as nosas noticias:








" DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

O mércores 8 celebramos o día da muller traballadora. Na asamblea falamos das profesións das mamás e tamén lembramos que hoxe en día homes e mulleres poden desenrolar os mesmos traballos e que actualmente hai conductoras de autobuses, astronáutas, mulleres policías, arqueologas, científicas ... Despois contamos todos o que nos gustaría ser de maiores e dibuxamos as nosas mamás para facer un collage conmemorativo deste importante día. 








sábado, 4 de marzo de 2017

VENRES: DESFILE DE ENTROIDO

O venres 24 de febreiro celebramos no cole o Entroido cun desfile adicado as lendas galegas. Os nenos/as de 4 anos eleximos o disfraz de mouros e mouras e así de guapos disfrutamos xunto cos demáis compañeiros da festa e a troula:





XOVES DE ENTROIDO

" Para acabar con bo pé,
   un calzado diferente en cada pé debes traer "







MÉRCORES DE ENTROIDO

" Con bata e/ou pixama virás, 
   se non queres quedar mal "