domingo, 25 de noviembre de 2018

TEMPO DE OUTONO

Tempo de outono, tempo de choiva, de frío, de castañas, de magosto ... Esta semana ambientamos a porta da clase que decoramos entre todos e que quedou así de bonita:










Maricastaña

23 DE NOVEMBRO "DÍA DA NON VIOLENCIA"

No cole celebramos esta data tan importante coa elaboración dun mural onde participaron os nenos/as de Infantil e Primaria.
Todos pintamos ou decoramos as nosas  mans para manifestar que estamos en contra de todo tipo de violencia.



As nosas mans




Pola tarde no pavillón de Infantil a AMPA do cole realizou unha actividade moi chuli con tatoos pola igualdade de xénero:




sábado, 17 de noviembre de 2018

O MAGOSTO

O venres 16 celebramos a festa do Magosto onde degustamos as ricas castañas asadas. 
Na clase tivemos a axuda das profes María e Marta e dos nenos/as de 5º de primaria da profe Cris. Moitas grazas a todos!!!





Tamén fixemos unha manualidade para celebrar este día, a nosa particular castaña que pintamos con témpera e pinceis e que nos quedou así de bonita:










jueves, 1 de noviembre de 2018

CELEBRAMOS SAMAÍN

Para conmemorar Samaín os nenos/as decoraron na casa, coa axuda dos seus papás, unha cabaza empregando todo tipo de técnicas e materiais:












Con todas as cabaciñas ambientamos o noso pavillón de Infantil que quedou así de bonito.
Grazas papás !!!





 Na pizarra díxital vimos o conto  "Corre, corre, cabaciña" cos amigos da clase de Reme:


E na clase de Inglés fixemos unha manualidade entre todos:


Tamén na casa decoramos unha cabaza pero nesta ocasión de verdade. Na asamblea 
ensinamos as cabaciñas aos amigos e contamos como as fixemos e que materiais empregamos:







O último día, mércores 31 viñemos caracterizados de personaxes de medo e con disfraces típicos de Samaín. Que guapos !!!





E deste xeito celebramos no cole unha das festas máis terroríficas do ano:





Ambientación do cole de primaria