lunes, 28 de enero de 2019

"BURBUJAS DE PAPEL"

O venres puidemos disfrutar no auditorio Gustavo Freire da obra de teatro " Burbujas de papel" un espectáculo de luz, música e danza que xoga coa imaxinación e a fantasía. 
Conta a historia de Roger, un trompetista namorado das burbullas que coñece a unha fada que lle devolvera a alegría de vivir.











AS PARELLAS DO AUTOBÚS

O venres realizamos a nosa primeira saída. Que ilusión!!! O día anterior eleximos a un amigo/a para sentarnos con él no autobús e despois escribimos as parellas para así ter todo preparado para a nosa excursión ao teatro:


domingo, 27 de enero de 2019

CONTACONTOS: "LA BRUJA BRUNILDA"

Este xoves disfrutamos dunha tarde de contacontos e xunto cos nenos/as da clase de Lorena tivemos a oportunidade de coñecer a historia da bruxa Brunilda e do seu amigo o gato Bruno:





domingo, 20 de enero de 2019

O RINCÓN DA CALMA

Na clase temos distintos recunchos de xogo que favorecen a socialización e a relación entre iguais:
- o rincón da cocinita e xogo simbólico
- o rincón dos coches e as construccións
- o rincón dos puzzles
- o rincón dos contos
- o rincón do proxecto
E tamén temos un recuncho para relaxarnos cando o necesitamos, para volver a un estado de paz e tranquilidade despois dun  momento de enfado ou nervios.
Nestas idades é importante que os nenos/as aprendan a coñecer as súas emocións pero tamén as dos demais e que aprendan a xestionalas.
Neste recuncho temos unha caixa con diferentes obxectos:
- un peluche para abrazar: o monstro verde da tranquilidade do  conto "Os monstros de cores"
- un bote da calma
- un reloxio de xel
- plumas
- unha pelota suave para espremer
- un pau de choiva ...
O recuncho está gustando moito aos nenos/as que disfrutan dos seus compañeiros/as pero tamén destes momentos de tranquilidade na aula:





domingo, 13 de enero de 2019

OS NOSOS XOGUETES

O venres levamos ao cole un dos xoguetes que nos deixaron os Reis Magos e Papá Noel para ensinar e compartir cos amigos/as. O máis divertido foi disfrutar dunha xornada especial nesta volta das vacacións:








VIÑERON OS REIS !!!

Qué alegría!!! O martes foi un día de reencontro cos amigos/as pero ademais  cando chegamos á clase atopamos uns agasallos que nos deixaron os Reis Magos e que nos gustaron moito. Melchor, Gaspar e Baltasar saben que no cole traballamos moi ben e que nos portamos fenomenal: