viernes, 25 de mayo de 2018

EXCURSIÓN Á CORUÑA


O mércores 16 viaxamos Á Coruña para visitar 3 museos: a  Casa do Home ou Domus onde tivemos a oportunidade de experimentar nas distintas salas interactivas e de ver unha película en 3D, o Acuarium  onde puidemos aprender moitas cousas de  Gastón, o tiburón que vive dende fai 20 anos na gran piscina da sala Nautilus xunto moitos outros peixes , a sala Maremagnum onde está o tanque das medusas e tamén os cabaliños de mar, os polbos .... e xa no exterior puidemos disfrutar do Paraíso Marino que recibe auga directamente do mar e onde están as 5 focas macho e o Piscinarium onde viven 9 focas femias.
Por último visitamos o Planetario situado na cúpula semiesférica da Casa das Ciencias e onde se fan proxeccións sobre o Sistema Solar. Foi un día moi divertido onde ademais de aprender moitas cousas disfrutamos dunha xornada moi especial cos nosos amigos/as de 5 anos.





Salas interactivas do Domus

Cine 3D


Repoñendo forzas!!!







No Acuarium

Na Sala Nautilus




Vendo as focas














domingo, 20 de mayo de 2018

AS PARELLAS DO AUTOBÚS

Sempre que imos de excursión eleximos as parellas para ir no autobús. Cada neno elixe a un amigo/a e así quedaron as parellas para ir Á Coruña:


sábado, 19 de mayo de 2018

O DÍA DA FAMILIA

O  15 de maio celebrouse o día da familia e na clase fixemos con moito cariño un agasallo para celebrar este día coas persoas que tanto queremos e que tanto nos queren.  
FELIZ DÍA FAMILIAS !!!