viernes, 30 de octubre de 2015

O SAMAÍN

Esta semana celebramos  no cole a festa de Samaín con distintas actividades . En Infantil traballamos uns poemas de Manuel María sobre o lobo e a lúa e que gardan relación con esta festa de orixe celta. Entre todos fixemos un mural colectivo: 
- os nenos de tres anos pintamos o ceo de noite
- os nenos de catro: o lobo
- e os nenos de cinco: a lúa.
Tamén ambientamos a entrada de Infantil con pantasmas, morcegos e bruxas que os nenos decoraron na casa coa axuda dos seus papás.
O xoves pola mañá recitamos todos xuntos os poemas de Manuel María e na clase de 3 anos decoramos a nosa poesía da lúa lueira. 



Moi orixinales e creativas as pantasmas
Grazas papás por colaborar


Recitando a poesía " A lúa e o lobo"
Podedes ver o video na páxina web do cole


A lúa de Manuel María


MURAL DE SAMAÍN





jueves, 29 de octubre de 2015

O MAGOSTO

O xoves pola tarde celebramos o magosto cos amigos da outra clase de 3 anos. Era a primeira vez que estabamos todos xuntos e despois de presentarnos e cantar algunhas cancións comemos as castañas asadas e bailamos nunha tarde moi divertida que seguro repetiremos.









viernes, 23 de octubre de 2015

O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe venres celebramos no cole o día das Bibliotecas. Na clase contamos o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e decoramos unha medalla conmemorativa deste día. Os nenos de 6º de Primaria tamén viñeron a nosa clase para recitar uns poemas de Manuel María.













lunes, 19 de octubre de 2015

O NOSO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Vir ao cole por primeira vez é un momento moi importante nas nosas vidas. Os nenos/as teñen que familiarizarse con novos profes, amigos, espazos ... i eso leva tempo. O máis importante é respetar o ritmo de cada un e darlle a cada neno o seu tempo. 
Así foron os primeiros días:

















Xogando cos xoguetes e cos amigos


domingo, 18 de octubre de 2015

BENVIDOS AO COLE !!!

Iniciamos a nosa aventura en Infantil con algunha que outra lágrima pero tamén con moitas ganas e ilusións. O obxectivo é divertirnos no cole, compartir momentos, xogos, experiencias... facer amigos e tamén aprender moitas cousas.