viernes, 17 de mayo de 2024

CELEBRAMOS OS MAIOS

    O xoves 16 celebramos no cole a Festa dos Maios que conmemora a chegada da primavera. En Infantil decoramos o noso maio coas flores que trouxemos da casa e despois disfrutamos coa música e as cancións de Branca Villares e Pablo Pintor.








AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: ALBA E ANA

   Xanecas ten catro anos e, coma todos os nenos é moi curioso. O que máis lle gusta é explorar e case cada día fai un novo descubrimento. Así comeza " O embigo de Xanecas "un conto que explica dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo. 

MOITAS GRAZAS ALBA E ANA !!!






miércoles, 15 de mayo de 2024

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

    Con moito cariño preparamos este agasallo para as nosas persoas favoritas. Esperamos que vos guste.

                                                     FELIZ DÍA DA FAMILIA !!!







domingo, 12 de mayo de 2024

DE EIRUGA A BOLBORETA

    Estes días imos ter na clase eirugas que nos trouxeron Aldán, Carmela e Daniel para ver todo o proceso de metamorfose da bolboreta. Para secuenciar este proceso de crecemento da eiruga ata completar a metamorfose, a familia de Aldán preparou un panel de seguimento que imos completar entre tod@s.



      



Carmela explicounos que temos que gardar os vasiños coas eirugas a temperatura ambiente evitando a luz solar directa.




MOITAS GRAZAS FAMILIA !!! 
ESTAMOS ENCANTAD@S COA ACTIVIDADE





AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: ALDÁN, CARMELA E DANIEL

    Con Aldán, Adrián, Carmela e Daniel disfrutamos da historia " La oruga impaciente" que explica dunha forma divertida  o proceso de metamorfose dunha eiruga a bolboreta.  Tamén nos fala da importancia de ter paciencia para poder conseguir os nosos soños.

MOITAS GRAZAS ALDÁN, ADRIÁN, CARMELA E DANIEL !!!






AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: GUZMÁN E MARIANA

    " Las jirafas no pueden bailar " foi o conto elexido por Guzmán e Mariana. Chufa quere participar no Baile da Selva pero como todo o mundo sabe as xirafas non poden bailar. Unha bonita  historia que nos ensina a importancia de expresarnos a través da arte e de non renunciar aos soños cando atopamos obstáculos. 

MOITAS GRAZAS GUZMÁN E MARIANA !!!






AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: VALERIA, OLGA E FERNANDO

   Olga e Fernando contáronnos unha historia inventada onde Valeria e o seu irmán Mateo son os protagonistas e onde aparecen tamén todos os nen@s da clase. Valeria e Mateo van de excursión ao Bosque Máxico. Alí o irmán de Valeria toca unha bruxa de madeira que se convirte nunha bruxa de verdade, Así comeza esta divertida historia que nos encantou.

MOITAS GRAZAS VALERIA, OLGA E FERNANDO !!!









domingo, 5 de mayo de 2024

AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: ANTÓN E SHEILA

   Antón e Sheila contáronnos a historia de Leonard, unha musaraña un pouco vergoñenta á que lle custa ser escoitada. Iso fai que se perda moitas cousas que lle gustan e divirten. ¡ Más alto Leonard ! é un conto que fomenta a empatía e a confianza nun mesmo.

MOITAS GRAZAS ANTÓN, ALDÁN E SHEILA !!!










AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: GAEL E MARÍA


    " Desconectados " foi o conto elexido por Gael e María. Unha historia que nos axuda a comprender o adictivas que son as pantallas e que nos fai reflexionar sobre o seu bo uso e a importancia de estar conectados con nós mesmos e coas persoas que nos rodean. 

MOITAS GRAZAS GAEL, ALDÁN E MARÍA !!!