jueves, 27 de abril de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: VERA E NATALIA

    Vera e Natalia elexiron o conto ¿ De qué color es un beso? A Mónica encántalle  pintar pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello non porque é a cor de cando estás enfadado. Verde tampouco porque é a cor das verduras ... Con Vera e con Natalia descubrimos o misterio. Grazas as dúas polas cores e polos bicos!!!






AS FAMILIAS CONTAN: GAEL E MARÍA

    " As chaves dos soños " de Ana Meilán foi o conto elexido por Gael e María. Coa primeira estrela que brilla no ceo espertan os soños.  Adele, a protagonista, espera cada noite ver brillar a súa para comezar unha nova aventura. As chaves que garda no seu caixón abren soños diferentes. Grazas Gael e María polas chaves e polos soños !!!







DE CONCERTO

 O martes 25 os nen@s de Infantil  disfrutamos no Salón de Actos  dun concerto didáctico a cargo da Escola Municipal de Música. Encantounos !!!







lunes, 24 de abril de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: CHLOE, SOPHIE, YANIRA E MARIANO

   Cos papás de Chloe disfrutamos das aventuras da bruxa Amalurra que é a encargada de coidar o bosque... pero os feitizos non funcionan como ela quere. O bosque é un desastre e Amalurra decide ir en busca da maxia máis poderosa. Búscaa por todas partes: no libro dos feitizos, no lume, na leña... ata que por fin descubre que está en cada un de nós e que tod@s temos o poder de coidar o bosque.

Moitas grazas familia pola maxia !!!






domingo, 23 de abril de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Outra das actividades previstas para a Semana do Libro foron os apadriñamentos lectores. O venres 21 os nen@s de 5º de Primaria viñeron a contarnos contos. Xunto cos maiores disfrutamos da lectura compartida e eu especialmente contenta de ver aos " meus nen@s" de Primaria cos "meus nen@s" de Infantil. Grazas chic@s ¡¡¡











MAFALDA

    Na Semana do Libro elaboramos, a nivel de centro, un libro adicado a Mafalda que este ano celebra o seu 60 aniversario. No cole quixemos facerlle unha homenaxe a esta marabillosa nena creada polo debuxante Quino. Moitas felicidades Mafalda !!!





NO HORTO

    Esta semana prantamos no noso horto ceboliño e cenoiras. Disfrutamos moito co traballo  e nestas semanas veremos todo o proceso do coidado das prantas. Temos que agradecer ao papá de Breixo (clase de Lorena) que nos preparou a terra e aos papás de Aldán que nos regalaron as  prantas de cenoiras.










AS FAMILIAS CONTAN: ALDÁN, CARMELA E DANIEL

    Con Aldán e os seus papás Carmela e Daniel disfrutamos da historia do Coelliño Branco. Un conto que narra as aventuras dun coello que quere recuperar a súa casa ocupada pola cabra cabresa. Pídelle axuda a un boi, un galo, un can... pero todos os animais teñen medo, todos menos a formiga que lle axuda a volver ao seu fogar. Daniel e Carmela trouxeron uns monicreques para contar a historia e un cesto con cenoiras para prantar no noso horto. Moitas grazas familia !!!






sábado, 22 de abril de 2023

AS FAMILIAS CONTAN : DANIELA E SONIA

    " Lagrimas bajo la cama " de Ana Meilán foi a historia elexida por Daniela e Sonia para a sesión de contacontos, unha das actividades previstas para conmemorar a Semana do Libro. Canso de que todos o chamen chorón Simón decide gardar as súas bágoas en frascos debaixo da súa cama. Así comeza esta bonita historia que nos ensina que hai que chorar cando é necesario e que se pode chorar de tristura pero tamén de alegría. Daniela trouxo un bote coas súas bágoas, deunos a cada un de nós unha bágoa de papel e lembramos algún momento no que choramos tanto de tristura como de alegría.

Moitas grazas Sonia e Daniela ¡¡¡