lunes, 26 de diciembre de 2022

BO NADAL E FELICES FESTAS !!!

   O Nadal é un momento máxico para vivir e disfrutar en familia. Os meus mellores desexos nestas datas tan especiais e un feliz 2023 para tod@s! Biquiños!




FIN DE ANO NO " LAVERDE "

    O xoves 22 vivimos no cole unha xornada moi especial. A primeira hora da mañá disfrutamos dunha sesión de cine na biblioteca, onde tivemos a oportunidade de ver a película " Dragones al rescate "

   Despois no hall de primaria tomamos as 12 "gusiuvas " da sorte para dar a benvida ao 2023: 


   E para rematar a xornada bailamos no patio cuberto ao son da música do dj pero antes quixemos sacar unha foto co Papá Noel xigante do pavillón de Infantil. Así de guap@s e elegantes viñemos o último día de cole:







miércoles, 21 de diciembre de 2022

PAPÁ NOEL NO COLE

   Na clase  preparamos con moita ilusión a carta para Papá Noel que veu a visitarnos hoxe ao noso cole. Pediunos que lle deixaramos un vasiño de leite cando fose ás nosas casas a deixar os agasallos. Grazas Papá Noel pola túa visita porque sabemos que estes días estás moi ocupado e con moito traballo. Gustounos moito verte!















viernes, 16 de diciembre de 2022

TALLERES CON 2º DE PRIMARIA

   Cos nen@s da clase de Noelia de 2º de primaria fixemos un obradoiro de Nadal. O obxectivo é que os máis maiores traballen cos pequenos para facer unha actividade interclase que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Nas dúas aulas e durante dúas sesións fixemos un mural de Nadal onde as dúas clases tiveron a oportunidade de traballar e divertirse  xunt@s.  Eu, ademais, moi contenta de seguir en contacto e compartindo experiencias cos meus antigos alumn@s que xa están no cole grande.
Gustounos tanto a actividade que seguro repetiremos !!!

















viernes, 2 de diciembre de 2022

LECTURAS COMPARTIDAS

    Na clase disfrutamos do momento do conto pero tamén nos gusta compartir historias e aventuras cos nos@s amig@s. Sen dúbida un conto compartido é un conto moito  máis divertido:











viernes, 25 de noviembre de 2022

BOLBORETAS PARA O 25 N

Todos os días teñen que ser 25 N pero hoxe quixemos celebrar esta data tan especial contando na clase a historia de "Rosa caramelo" que nos ensina a través da súa protagonista, a elefantiña Margarita, a importancia de valorar aos nenos e ás nenas do mesmo xeito,  rexeitando os estereotipos. Tamén preparamos un paraugas coas bolboretas que trouxemos da casa e que xa decoran o noso pavillón de Infantil: