miércoles, 26 de febrero de 2020

VENRES DE ENTROIDO

O venres celebramos o noso tradicional desfile de Entroido. O tema deste ano eran os animais de conto. Na nosa clase eleximos o disfraz de Zebra, a protagonista de "No pasa nada" de Xabi López.
"Por fin chega o venres e disfrace de animal debes levar, para os nosos contos caracterizar"











XOVES DE ENTROIDO

"Se non queres destacar, o xoves un disfrace que che guste debes levar"

miércoles, 19 de febrero de 2020

VISITA DO BREOGÁN

Hoxe, no pavillón, tivemos a oportunidade de coñecer a dous dos xogadores do equipo de baloncesto de Lugo que contestaron as nosas preguntas e demostraron a súa habilidade coa pelota. Tamén nos divertimos moito con Maximus, a mascota do Breogán.





MÉRCORES DE ENTROIDO

" Para verte como un marqués, o mércores unha prenda do revés"




MARTES DE ENTROIDO

" Para lucir ben, o martes algo na cabeza debes poñer "




LUNS DE ENTROIDO

" Se elegantes queredes ser, que se vexa o luns un calcetín de cor distinto en cada pé"




lunes, 17 de febrero de 2020

PREPARANDO O ENTROIDO

Do 17 ao 21 de febreiro imos celebrar no cole a festa do Entroido. Por este motivo durante a semana decoramos entre tod@s un anteface para ambientar o noso pavillón:








COÑECEMOS A PANCHO, A MASCOTA DE MATEO

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Veu visitarnos Pancho, o cadeliño de Mateo.
Mateo, xunto coa súa mamá, contounos moitas cousas da súa mascota (que come, como hai que coidalo, cantos anos ten, como é... ). Pancho portouse  fenomenal e incluso deixou que o acariñaramos. Moitas grazas Mateo e moitas grazas Carmen e Pancho por vir a nosa clase !!!






" PROHIBIDA LA ENTRADA A LOS ELEFANTES " EN SAN VALENTÍN

En Infantil celebramos o 14 de febreiro, día do amor e da amizade, cun contacontos. 
Na caixa de luz, coa profe Lorena, contamos a historia "Prohibida la entrada a los elefantes"
que narra a especial amizade entre un neno e a súa mascota. 
Durante a semana fixemos, entre tod@s os nen@s de Infantil, un mural que reproduce a portada deste conto, para decorar o pavillón e conmemorar o noso particular "San Valentín".













PELUQUERÍA CANINA

A semana pasada tivemos en Infantil unha sesión de peluquería canina onde unha perruqueira nos explicou como hai que coidar a hixiene dos cadeliños. Ademais tivemos a sorte de poder cepillar e peitear a tres canciños que se portaron fenomenal e aos que deixamos "moi guapos".
Dende aquí queremos aproveitar para dar as grazas a perruqueira e as súas axudantes pola experiencia e polo seu tempo.