sábado, 29 de octubre de 2016

Kizoa Editar Videos - Movie Maker: SIMÓN, O COELLIÑO DE ANTÍA



Esta semana tivemos unha visita moi especial: Simón, o coelliño de Antía Teijeiro. Xunto cos nenos/as da outra clase de 4 anos lembramos moitas cousas que xa sabemos dos coellos  (como son, que comen, como nacen, onde viven ...) e tivemos a oportunidade de disfrutar deste gazapo que nos gustou moito. Antía tamén nos contou cousas dos coellos e todos xuntos disfrutamos da mascota. Moitas grazas Antía!!! 

CELEBRAMOS SAMAÍN

Este curso adicamos Samaín ás lendas galegas. En Infantil fixemos uns murais cos persoaxes típicos:
- os nenos de 3 anos: a bruxa
- os nenos de 4 anos: a moura 
- os nenos de 5 anos: o trasno






Na nosa clase tamén fixemos unha fada para ambientar e decorar a biblioteca do cole. Quedou así de bonita:





No cole grande aproveitamos para ver as cabazas que decoraron os nenos maiores. Mirade que chulas:







sábado, 22 de octubre de 2016

21 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o día das Bibliotecas o venres os nenos de 6º de Primaria representaron na biblioteca do cole a lenda do trasno comecastañas. Para conmemorar este día tamén fixemos unha medalla do trasno que nos quedou así de bonita:









"LU" A MASCOTA DE ASIER

Un día Asier trouxo a clase unhas fotos da súa nova mascota: a tartaruga " Lu". Como nos gustan moito os animais invitamos a "Lu" o noso cole e o xoves xuntamonos os nenos/as de 3 e 4 anos na clase de María para coñecer a mascota.  Asier contounos moitas cousas das tartarugas e tamén aproveitamos para contar o conto : " A que sabe la luna" onde aparece unha tartaruga e outros animais que queren saber a que sabe a lúa e que nos gustou moito. Grazas Asier !!!






domingo, 9 de octubre de 2016

COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

O venres viñeron de visita a nosa clase os nenos e nenas de 3 anos coas súas profes María e Marta. Contamos o conto dos cinco ratiños e tamén cantamos cancións. Disfrutamos moito todos xuntos e xa estamos desexando repetir.