O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No cole os nen@s de Infantil e de Primaria visitamos a biblioteca para "liberar "cada un de nós un poema da gaiola. Gústanos moito a poesía por eso disfrutamos desta actividade tan bonita.
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 31 de marzo de 2024
viernes, 15 de marzo de 2024
VISITA A LUGO
Coma sempre cando imos de excursión escollemos as parellas do autobús:
Hoxe viaxamos ata Lugo para visitar o Museo Provincial. Nada máis chegar subimos á Muralla para ver os dous murais de arte urbana.
A "Castrexa" do artista Manuel Pallín, pintada nunha fachada de 20 metros, representa unha guerreira con roupa, xoias e armas típicas dos pobos prerromanos:
Simón levounos á sala dedicada a Maruja Mallo onde puidemos ver algún dos seus cadros máis importantes:
Tamén visitamos a sala de Julia Minguillón, outra importante pintora lucense que foi a primeira muller en gañar unha medalla na Exposicion Nacional de Belas Artes coa obra "Escola de Doloriñas"
viernes, 8 de marzo de 2024
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de marzo celebramos no cole o Día Internacional da Muller, unha data moi importante que reivindica os dereitos de todas as mulleres.
Cada clase elexiu a unha muller relevante do país que está a traballar nas aulas. Nós eleximos a SOPHIA JEX BLAKE a lider das "SETE DE EDIMBURGO " as 7 primeiras mulleres que se matricularon na universidade británica fai 150 anos.
Sophia foi a primeira médica de Escocia e unha das primeiras do Reino Unido ademais de profesora e defensora dos dereitos das mulleres.
Entre tod@s fixemos a súa silueta e preparamos este mural para conmemorar este día tan especial.
HUMANAMENTE DIFERENTES Y TOTALMENTE LIBRES "
ROSA LUXEMBURGO