domingo, 30 de octubre de 2022

ZOMBIS

    O venres foi un día especial no cole porque celebramos Samaín. Na clase fixemos un desfile para ensinar aos compañeir@s os nosos disfraces de zombis:







   Tamén trouxemos unhas merendas terroríficas que estaban moi, moi ricas!!!





 

CONTOS ÁS ESCURAS

   O xoves 27 pasamos un ratiño moi divertido na biblioteca con Santiña. Ela nos ensinou un feitizo para quitar todos os medos e tamén nos contou a historia de tres esqueletos que nos gustou moito. Grazas Santiña por visitarnos en Samaín!





jueves, 27 de octubre de 2022

CELEBRAMOS SAMAÍN

    No cole fixemos uns morcegos para decorar a nosa clase e tamén preparamos un mural para festexar o Samaín. 








   Despois de pintar os morcegos con témpera e pinceis e de pegar anaquiños de papeis de cores, este foi o resultado:





   


      Tamén pintamos entre tod@s á bruxa Maruxa que está no noso mural e que quedou así de bonito: 






















miércoles, 26 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

   O martes 25 celebramos no cole o día das Bibliotecas cunha actuación no Salón de actos.  Cos nos@s compañeir@s de Infantil disfrutamos cos trucos do mago que, coa súa maxia, nos lembrou o importante que é reciclar e coidar o noso planeta.

      Neste día tamén nos acompañou Libeteca, a mascota da biblioteca, que estaba de aniversario. En Infantil decoramos a súa coroa para celebrar un día tan especial. MOITAS FELICIDADES LIBETECA !!!



domingo, 23 de octubre de 2022

AS NOSAS VACACIÓNS DE VERÁN

    En setembro viñemos con moitas ganas de contar aos amig@s as nosas vacacións de verán. Aproveitando esta motivación decidimos facer un pequeno proxecto para explicar as nosas viaxes, os medios de transporte que empregamos, a roupa que levamos na maleta, as actividades e as excursións que fixemos... e tamén trouxemos a clase unha fotografía para ensinar aos compañeir@s.






   Gustounos moito ver as fotos das vacacións dos nosos amig@s:







domingo, 9 de octubre de 2022

VISITA A SAN CLODIO

   O martes 20 de setembro viaxamos a San Clodio para visitar un pobo de conto habitado por formigas e outros animais feitos con todo tipo de materiais reciclados. Xosé Ramón, o dono da finca, fixo de guía e xunto cos amig@s e as profes disfrutamos dunha xornada moi divertida.

Iniciamos así, o proxecto de centro " S.O.S. tendo ao planeta " sobre o coidado do medio ambiente, que traballaremos durante o curso.