domingo, 29 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO

Do 23 ao 27 de Abril realizamos diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro.
O día 23 Daniel contou na asamblea o conto do " Principito" no ano no que se celebra o 75 aniversario da publicación desta obra de Antoine Saint-Exupéry que xa leva vendidos 150 millóns de exemplares e está traducido a 300 linguas e dialectos.
Ademais aproveitamos para ver a pelicula na pizarra dixital:






A nivel de Infantil e Primaria tamén fixemos un conto colectivo empregando as imaxes do "Principito" para inventar unha historia onde cada nivel colaborou coa elaboración dunha páxina deste libro xigante. Así quedou a de 5 anos:



E por último o día 27 puidemos levar á clase o noso conto favorito e vir caracterizados con un disfraz ou un detalle do libro elexido, unha actividade que nos gustou especialmente e que seguramente repetiremos:














TALLERES CON 3º DE PRIMARIA


Outra vez nos xuntamos cos nosos amigos/as de terceiro para facer un novo taller.  Nesta ocasión un mural da primavera onde o mellor é colaborar xuntos e pasar un rato divertido:













Mural de Primaria

Murais de Infantil


domingo, 22 de abril de 2018

" CONTACONTOS "

O venres 20 disfrutamos no Salón de Actos do contacontos " Riciños de ouro ", unha das actividades previstas para conmemorar o Día do Libro.





domingo, 15 de abril de 2018

A NOSA PRANTA

Xa temos na clase a  pranta que fixemos a partir dunhas fabas, un experimento do proxecto anterior  para comprender a importancia da auga. Agora a nosa pranta está nunha maceta con terra e o que máis nos gusta e coidala entre todos: