lunes, 29 de junio de 2026

FELICES VACACIÓNS !!!

Rematamos o curso e agora xa toca disfrutar dunhas merecidas vacacións. Quero desexarvos un feliz verán e xa nos vemos á volta coas pilas recargadas e a ilusión de empezar unha nova aventura xunt@s. Moitos bicos !!!















lunes, 22 de junio de 2026

ANDAINA

    O xoves 18 celebramos unha andaina solidaria a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. No cole recadáronse coa venda de camisetas 1.890 euros para esta causa. Tamén se fixo dende o Concello a declaración institucional do 18 de xuño como Día da Doazón de Medula e Sangue.








viernes, 19 de junio de 2026

OBRADOIRO CON SEGUNDO DE PRIMARIA

    Durante dúas sesións os nen@s do profe Martín e os nen@s de catro anos fixemos un obradoiro conxunto para realizar un mural de primavera empregando diferentes técnicas (pintura, estampación, collage...) O obxectivo é que os nen@s maiores e os máis pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de colaborar e de relacionarse nunha actividade lúdica nun contexto diferente e con outros profes. E eu ,especialmente contenta de poder compartir este tempo de lecer cos meus outros nen@s de segundo de Primaria.

 





















lunes, 15 de junio de 2026

VISITA DOS NEN@S DA ESCOLA INFANTIL

    O mércores 10 tivemos unha visita moi especial. Os nen@s da Escola Infantil viñeron ao noso pavillón coas súas profes para coñecer o que vai a ser o seu novo cole para o curso que ven. Nas clases da planta baixa contaron un conto, cantaron cancións e cos nen@s do piso superior disfrutaron dun ratiño de xogos no patio. Tamén visitamos o arenero e o horto escolar. Manuel xogou coa súa irmá María nunha xornada que adicamos a coñecernos e divertirnos. 

Moitas grazas pola visita e ata pronto!!!






domingo, 14 de junio de 2026

VISITA Á GRANXA ESCOLA DE LÁNCARA

    O martes 9 visitamos a Gandería O Palomar. Así de content@s marchamos despois de facer as parellas do autobús.










   Ao chegar xa nos estaban esperando Quiara e Clara que nos ensinaron as vacas e nos explicaron como son, como se alimentan, como hai que coidalas, cantos litros de leite dan ao día e moitas cousiñas máis.







   Tamén lles demos de comer.




   Unha das cousas que máis nos gustou foi ver os tenreiros e darlles o biberón.















   Para repoñer forzas disfrutamos dunha merenda moi rica con leite, iogur, queixo, madalenas e galletas.


   Con Clara aprendemos a muxir as vacas.


   E con Quiara vimos un vídeo da granxa e tamén fixemos queixo.









   Por último sacamos unhas fotos como recordo deste día tan especial.














    Como recordo levamos un diploma e un caderno de actividades porque xa somos uns expertos granxeir@s.

MOITAS GRAZAS QUIARA E CLARA POLA VISITA !!!