Estes días estamos a contar na clase como foron as nosas vacacións, o que fixemos no verán. Tempo de praia, piscina, viaxes, xogos cos amig@s, momentos coa familia... que inmortalizamos coas nosas cámaras.
viernes, 18 de septiembre de 2026
viernes, 11 de septiembre de 2026
XA ESTAMOS DE VOLTA!!!
Parece que foi onte pero este xa é o noso terceiro curso xuntos. Como decimos moitas veces na clase, ao cole vimos a aprender e a divertirnos. A disfrutar cos amig@s de tempos compartidos, momentos, risas, sorrisos, experiencias, aprendizaxes... Con ilusión e co mesmo estusiasmo de sempre comezamos este novo curso.
BENVIDOS !!!
lunes, 29 de junio de 2026
FELICES VACACIÓNS !!!
lunes, 22 de junio de 2026
ANDAINA
O xoves 18 celebramos unha andaina solidaria a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. No cole recadáronse coa venda de camisetas 1.890 euros para esta causa. Tamén se fixo dende o Concello a declaración institucional do 18 de xuño como Día da Doazón de Medula e Sangue.
viernes, 19 de junio de 2026
OBRADOIRO CON SEGUNDO DE PRIMARIA
Durante dúas sesións os nen@s do profe Martín e os nen@s de catro anos fixemos un obradoiro conxunto para realizar un mural de primavera empregando diferentes técnicas (pintura, estampación, collage...) O obxectivo é que os nen@s maiores e os máis pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de colaborar e de relacionarse nunha actividade lúdica nun contexto diferente e con outros profes. E eu ,especialmente contenta de poder compartir este tempo de lecer cos meus outros nen@s de segundo de Primaria.
lunes, 15 de junio de 2026
VISITA DOS NEN@S DA ESCOLA INFANTIL
O mércores 10 tivemos unha visita moi especial. Os nen@s da Escola Infantil viñeron ao noso pavillón coas súas profes para coñecer o que vai a ser o seu novo cole para o curso que ven. Nas clases da planta baixa contaron un conto, cantaron cancións e cos nen@s do piso superior disfrutaron dun ratiño de xogos no patio. Tamén visitamos o arenero e o horto escolar. Manuel xogou coa súa irmá María nunha xornada que adicamos a coñecernos e divertirnos.
Moitas grazas pola visita e ata pronto!!!
domingo, 14 de junio de 2026
VISITA Á GRANXA ESCOLA DE LÁNCARA
O martes 9 visitamos a Gandería O Palomar. Así de content@s marchamos despois de facer as parellas do autobús.
Ao chegar xa nos estaban esperando Quiara e Clara que nos ensinaron as vacas e nos explicaron como son, como se alimentan, como hai que coidalas, cantos litros de leite dan ao día e moitas cousiñas máis.
Tamén lles demos de comer.


































































































