No PDI deste curso imos aprender moitas cousas das Persoas con capacidades diferentes. Persoas coma nós pero que poden necesitar un pouquiño máis de axuda. Ao longo do curso prepararemos distintas actividades para sensibilizar, concienciar e dar a coñecer a estas persoas con distintas capacidades. A finais de curso faremos unha exposición con todos os traballos realizados.
LAPBOOK
Nas clases imos facer un Lapbook para coñecer os distintos tipos de discapacidade. Hai persoas que usan cadeira de rodas ou prótese para camiñar, outras que teñen dificultades para ver e precisan bastóns brancos ou a axuda de cans guía. As persoas sordas necesitan audífonos e empregan linguaxe de signos. Tod@s somos diferentes e esas diferencias son as que fan do mundo un lugar especial e cheo de diversidade.
ELISA ROJAS
Nas clases fixemos unhas caixas para dar a coñecer persoas relacionadas coa paz e coas capacidades diferentes. Na nosa aula buscamos información sobre Elisa Rojas, avogada e escritora, defensora dos dereitos das mulleres con discapacidade.
Escribimos, decoramos e pintamos con témpera e pinceis. Este foi o resultado:
Nesta caixa interactiva, ademais de coñecer a vida de Elisa, tamén podemos construir o seu nome e facer un puzzle coa súa imaxe. Unha maneira divertida de aprender xogando.















































No hay comentarios:
Publicar un comentario