viernes, 22 de mayo de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

    O martes 19 celebramos a xornada de Portas Abertas para mostrar todos os traballos que fixemos durante o curso sobre as Persoas con Capacidades Diferentes. 

No pavillón de Infantil preparamos o recuncho de Yayoi Kusama que é unha pintora xaponesa que sofre de trastorno obsesivo compulsivo. Coñecida como a "Raíña dos Lunares" emprega  a pintura como unha maneira de afrontar a súa enfermidade e transformala en arte.



No hall de Primaria vimos as caixas de persoas de distintos países que teñen capacidades diferentes e que son recoñecidas polo seu traballo e pola súa loita.




Na biblioteca vimos os lapbooks que preparamos nas clases para coñecer os distintos tipos de discapacidade: sensorial, intelectual, psicosocial, cognitiva...


E o libro dos sentidos que fixemos nas aulas:







Tamén aproveitamos para sacar unha foto co cartel que da título ao proxecto:


E, por último, na aula de música xogamos con algúns dos materiais inclusivos que tamén preparamos este curso:





Moitas grazas aos nen@s de 6º de Primaria e ao Equipo de Biblioteca polo seu traballo.
NORABOA!!!




viernes, 15 de mayo de 2026

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Esta semana celebramos no cole o Día das Letras Galegas. Na biblioteca vimos un vídeo de Begoña Caamaño que é a xornalista e escritora a que lle dedican este ano este recoñecemento.



 Esta escritora viguesa traballou na Radio Galega e ademais foi unha defensora dos dereitos das mulleres.

Na clase decoramos unha diadema adicada a Begoña Caamaño e no patio fixemos un baile para celebrar esta data tan importante. Viñemos ao cole así de guap@s:










DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

   Hoxe celébrase o Día Internacional das Familias e nós quixemos preparar na clase un agasallo para as nosas persoas favoritas ( mamás, papás, irmáns, avós, curmáns, tios... ) que tanto nos queren e nos coidan. 











Este foi o resultado:





Tamén preparamos, con moito cariño, unhas tarxetas que nos quedaron asi de bonitas:





Esperamos que vos gusten !!!